Un cráter en Venus co nome de Rosalía de Castro

Hai anos, a Unión Astronómica Internacional (UAI) decidiu bautizar con nomes de muller os accidentes xeográficos do segundo mundo do Sistema Solar. Abriu a porta a que astrónomos afeccionados propuxeran nomes de mulleres vencelladas ao mundo da cultura.

E así foi como Henrique Pujales, director do obradoiro de astronomía que se realizaba no Instituto Fernán Esquío de Neda, escribiu á UAI  propoñendo o nome de Rosalía e acompañando a petición cunha biografía da poetisa. A proposta foi aceptada e dende 1994 un cráter de Venus leva o nome de Rosalía de Castro.

Publicidade

O lugar dedicado a Rosalía de Castro en Venus é un cráter de impacto de 22,6 kms de diámetro situado no punto de latitude 3,4 graos Norte e 233,9 de lonxitude.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo