Venres 26 Abril 2024

A UVigo envórcase coa divulgación coa feria ‘A ciencia que vén ten nome de muller’

As actividades celebraranse o 21 de abril na praza do Berbés, o edificio Redeiras e o Instituto Marítimo Pesqueiro

A expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller abrirá as súas portas, por segundo ano consecutivo, o vindeiro 21 de abril na praza do Berbés, estendendo as súas actividades ao edificio Redeiras, onde se celebrará unha conferencia, e ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro, onde se desenvolverá unha visita guiada. Logo do éxito acadado na primeira edición, na que tomaron parte 400 persoas, o recinto da feira, que se instalará na praza do Berbés, coa finalidade de fomentar as vocacións científicas e investigadoras, dando a coñecer á sociedade o traballo desenvolvido nas universidades, nomeadamente o das investigadoras da UVigo, acollerá este ano unha ducia de postos, dez sobre proxectos, grupos e centros de investigación da universidade, un da Unidade de Igualdade da UVigo e outro informativo sobre a Deputación de Pontevedra. 

Na presentación da expo-feira, celebrada este mediodía no edificio Redeiras, as vicerreitoras de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, e de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, incidiron no carácter lúdico da iniciativa, coa que a UVigo pretende seguir achegando a ciencia á sociedade dun xeito accesible e divertido. “Neste tipo de eventos, dirixidos a un público familiar, tamén queremos poñer cara ás nosas investigadoras menos recoñecidas e amosar o que a UVigo está a facer”, explicou Valderrama, que animou á cidadanía a participar na feira “tocando e experimentando”. Neste sentido, Belén Rubio lembrou que a Ley de la Ciencia contempla especificamente no seu artigo 37 unha referencia á ciencia aberta, co obxectivo de “que a xente saiba que facemos na universidade”.

Publicidade

As vicerreitoras Belén Rubio e Mónica Valderrama.

Ambas as dúas vicerreitoras destacaron o impacto que accións como a expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller teñen no grao de coñecemento que a sociedade ten a Universidade de Vigo. “Estes labores de difusión levan anos e esta feira celebrará a semana que vén a súa segunda edición, moi centrada no papel da muller na ciencia que é moi importante. Pero esta é unha carreira moi longa”, dixo Rubio, que tamén destacou a importancia de traballar coas nenas desde que son pequenas para fomentar a vocacións científicas, amosándolles referentes, a través de iniciativas como as charlas que investigadoras da UVigo imparten en centros de primaria e secundaria de toda Galicia. “As influencers non son científicas, aínda que xa hai algunhas que o están a facer”, sinalou Mónica Valderrama, que lembrou outras iniciativas postas en marcha desde a UVigo, como as publicacións da colección Quero ser investigadora, as xornadas de portas abertas dos centros de investigación e iniciativas pioneiras como a docencia cero para o PDI que se reincorpora á actividade logo dunha baixa de maternidade.

Saúde, medio ambiente, patrimonio e tecnoloxía

De Galicia ao espazo; Realidade virtual e realidade aumentada ou A importancia das algas microscópicas mariñas son os títulos dalgúns dos obradoiros que entre as 16 e as 19.30 horas se desenvolverán na praza do Berbés, que ademais contra o mediodía recibirá a visita de escolares e 5º e 6º de primaria dun centro educativo da contorna. Tanto o alumnado como o público que pola tarde visite a expo-feira poderá somerxese, da man das e dos investigadores da UVigo, a través de obradoiros e experimentos en ámbitos como o medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía ou o patrimonio, as liñas temáticas elixidas para estas edición do evento.

As actividades de A ciencia que vén ten nome de muller completaranse coa conferencia que a partir das 19.15 horas impartirá a investigadora en evolución do cancro do Cinbio da UVigo, Nair Varela Rouco, que fará un percorrido por historias de mulleres relevantes no campo da investigación. Pola súa banda, o Instituto Marítimo Pesqueiro organizará, a partir das 16.00 horas, unha visita ao planetario, guiada polo capitán da Mariña Mercante Adolfo García Campos. Esta actividade ten un aforo limitado a 40 persoas, polo cómpre que os interesados realicen unha reserva.

A expo-feira insírese no programa de actividades 2022-2023 de Ciencia de ida e volta, o plan anual da Unidade Cultura Científica (UCC) da UVigo, que conta cun orzamento de 128.000 euros sufragado con fondos propios e cunha achega da FECYT de 11.000 euros, o que supón un incremento do 29% con respecto ao orzamento de 2021/2022. Formación para o PDI ou as actividades desenvolvidas o 11F co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena e a Ciencia, son algunhas das accións que xa se levaron a cabo este curso ao abeiro do programa Ciencia de ida e volta.

Fomento de vocacións científicas

A expo-feira científica A ciencia que vén ten nome de muller da continuación do plan anual de actividades da UCC+I da Universidade de Vigo 22-23 Ciencia de Ida e Volta que comezou en novembro de 2022. 

Trátase dun evento de divulgación e fomento das vocacións científicas e investigadoras co que se pretende dar a coñecer o traballo desenvolvido na universidade e como estos estudos favorecen ao avance da sociedade. De novo, terá especial importancia o papel da muller na ciencia e na investigación, ofrecendo ao público a posibilidade de coñecer de forma direta a algunas das investigadoras da Universidade de Vigo. 

Para isto, colocarase un recinto con 12 stands na praza. De entre estos postos haberá 10 sobre proxectos, grupos de investigación e/ou centros de investigación, un da Unidade de Igualdade da UVigo e un informativo sobre a Deputación de Pontevedra. 

As liñas temáticas da acción céntranse no medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía e o patrimonio con obradoiros con nomes tran variopintos como A importancia das algas microscópicas mariñas, De Galiza ao espazo! e Realidade virtual e realidade aumentada dirxidos especialmente a rapaces e rapazas. 

A xornada comezará na mañá do venres, ás 12.00 horas con unha visita concertadas con escolares de 5º e 6º de primaria dun centro educativo da contorna aos stands da feira. Ás 16:00 horas inaugurarase oficialmente o recinto e abrirase ao público xeral ata as 19:30h. 

CINBIO Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina

Preto do final da xornada, ás 19:15h, darase unha conferencia de peche a cargo de Nair Varela Rouco, investigadora en evolución do cancro e integrante do CINBIO Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina, da UVigo. Fará un percorrido por historias de mulleres relevantes na investigación. 

Por outra banda, o programa contará coa colaboración do Insituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo no que se organizará unha visita concertada ao planetario ás 16:00h. Adolfo García Campos, Capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no IPMPA será o encargado de guiar aos visitantes da sesión. Para esta actividade, contaremos cun aforo limitado a 40 persoas, que poderán reservar praza nesta ligazón https://www.eventbrite.es/e/587110522377

Resumo:

  • Data: venres, 21 de abril de 2023
  • Lugares:
    • Praza do Berbés, Vigo – Feira
    • Edificio Redeiras, Vigo – Conferencia 
    • Insituto Marítimo Pesqueiro, Vigo – Visita ao planetario
  • Horarios:
    • Feira: a partires das 16:00h
    • Conferencia de peche: 19:15h
    • Visita ao planetario: 16:00h

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos