Venres 29 Marzo 2024

Diego Vieites, gañador do Premio Manuel Bao por un estudo sobre o tequila

O exalumno da Universidade da Coruña deseñou un método analítico rápido e efectivo para determinar a autenticidade da bebida

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga) outorga o III Premio Manuel Bao a Diego Vieites Millán, titulado na Universidade da Coruña (UDC) e natural de Cambados (Pontevedra), pola súa investigación para o desenvolvemento dun método analítico rápido e efectivo que determina a autenticidade do tequila de agave, unha bebida alcohólica elaborada a partir da fermentación e destilado desta planta perenne e con denominación de orixe nos estados mexicanos de Guanajuato, Michoacán, Nayarit, Tamaulipas e Jalisco.

A Xunta Directiva de Colquiga acordou conceder o galardón a Vieites Millán, especializado na área de Química Analítica, polo seu Traballo de Fin de Grao sobre A diferenciación quimiométrica de tequilas brancos en función de espectros infravermellos. O premio, dedicado á memoria do catedrático da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Bao Iglesias, pretende “apoiar a excelencia no inicio profesional dos egresados do Grao de Química das tres universidades de Galicia”.

Publicidade

A investigación

“O traballo de Diego Vieites Millán pon de manifesto a excelente formación dos químicos recentemente titulados nas universidades galegas e, sobre todo, a súa capacidade para abordar con éxito os traballos de investigación”, destaca o decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e presidente da súa Xunta Directiva, Manuel Rodríguez Méndez. O traballo de Vieites Millán puido ser desenvolto grazas á cooperación internacional entre as áreas de Química Analítica da UDC, cuxa liña de traballo está coordinada polo profesor
Andrade Garda, e da Universidade Nacional Autónoma de México-Cuautitlán, que
encabeza a profesora Guadalupe Pérez Caballero.

Diego Vieites Millán, que actualmente cursa en Barcelona o Máster en Industria Farmacéutica e Parafarmacéutica do CESIF, agradeceu o galardón: “É unha honra recibir
o recoñecemento dun premio que leva o nome de Manuel Bao, un referente na ciencia química en Galicia”.

Calidade do tequila

A pureza do tequila está determinada pola presenza dun tipo especial de agave (agave azul) na súa elaboración. Conta cun Consello Regulador do Tequila, que se encarga de salvagardar a Denominación de Orixe Protexida (DOP) e de promover a súa calidade,
cultura e prestixio. “É unha bebida alcohólica que con frecuencia é obxecto de adulteracións
ou intentos de fraude, contra os que loitan o consello regulador e o propio Goberno de México”, destaca Rodríguez Méndez, quen explica que a investigación “busca un método analítico rápido para caracterizar o tequila branco de agave, aquel que non ten cor e que non madura en barricas, para diferencialo doutros destilados alcohólicos e licores visualmente parecidos”.

O máximo responsable dos químicos de Galicia indica que o traballo do egresado
Vieites Millán, a través de métodos e medidas que utilizan radiación infravermella e
ferramentas de tratamento de datos, “permite diferenciar entre os tequilas
auténticos obtidos do agave tequilana Weber variante azul cultivado no territorio
da DOP e as bebidas procedentes doutras fontes”. Este estudo científico impulsado
pola UDC e a UNAM-Cuautitlán e no que participou o xa ex alumno premiado estase
tamén aplicando a outros tipos de bebidas alcohólicas para determinar a súa autenticidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Bagazo de uva de Albariño para reducir o uso de antibióticos en animais

A catedrática de Química Analítica da USC Marta Lores coordina un proxecto que dispón de oito millóns para contribuír a evitar as resistencias bacterianas

Pilar Bermejo, quinta muller na Academia de Ciencias en 40 anos de historia

A investigadora, que é decana de Química e catedrática de Química Analítica na USC, ingresará na institución o vindeiro 9 de maio

Congreso internacional sobre a análise de biotoxinas acuáticas en Baiona

Os avances e retos actuais no desenvolvemento de metodoloxías analíticas, non...

A UVigo contribúe a investigación sobre a intoxicación por ciguatera

Esta doenza, causada polo consumo de peixe con ciguatoxinas, provoca problemas dixestivos e neurolóxicos