Venres 19 Abril 2024

Un traballo sobre o radon gaña o concurso “A táboa periódica e Galicia”

Máis de 300 escolares participaron na entrega de premios do certame, que tivo lugar na Facultade de Química da Universidade de Santiago

A Facultade de Química de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres a entrega de premios do Concurso de carteis “A táboa periódica e Galicia”. No certame resultou gañador o traballo “O radon e a súa importancia“, presentado po alumnado do IES Rosais 2 de Vigo, e que forma parte do conxunto de actividades organizadas por este centro co gallo do Ano Internacional da Táboa Periódica.

O proxecto, recoñecido cun premio en metálico de 1.000 euros, foi elaborado por Paula Albizúa Simón, Irene da Aira González, Uxía Franco Acea, Antía González Simón, Sheila Gracia Rivera, Eva Lareo Manzano, Ana Wenai Lobo Lago e Mario Méndez Puga, estudantes de 1º de Bacharelato, e titorizado pola profesora Adriana Arca Ramos.

Publicidade

Test: Galicia e a táboa periódica: canto sabes?

O 2º premio, cunha dotación económica de 500 euros, recaeu no póster titulado ‘O tesouro oculto de Casaio: o Volframio’, presentado por Patricia Álvarez Cruz, Noelia Blanco Rodríguez, Aida de Pedro López, Eva Fernández Blanco, Andrea Fernández Sandes, Irati Garrido Rodríguez Ana Beatriz Pérez López, Ariadna Pérez Rodríguez e Elba Prada Rodríguez, todas elas estudantes de 1º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, e titorizado pola profesora María Teresa Montes Lorenzo.

O 3º premio, de 300 euros, foi para o póster titulado ‘O aluminio na Mariña lucense’, o cal resume o traballo conxunto dun total de 20 estudantes de 1º de Bacharelato do IES Perdouro, de Burela: Alfonso Álvarez Sixto, Miguel Ángel Alves Veloz, Jairo Amancio Menéndez, María Ares Rodríguez, Katherine N. Arnez Cabrera, Christian M. Brito Gonçalves, Noel Díaz García, Álvaro Fernández Fernández, Miguel Fernández Fernández, Carla Fra García, Iván García González, Pablo Goás Pardiñas, Marta Lestao Fernández, Laura Pernas Pérez, Iván Pernas Pernas, Cristian Requeijo Fraga, Ángela Rivas Fiallega, Raisa Rivera Chonate, Pablo Rubal Losada e Cristina Vidal Fernández. O traballo titorizouno a profesora Ana M. Vázquez Sesmonde.

Ademais, os 27 pósteres restantes, e seleccionados tamén, foron agasallados cada un deles cun lote de material de laboratorio, destinado aos centros educativos dende os cales se presentaron os traballos. Este agasallo foi posible grazas a doazón do material por parte das casas comerciais Fisher Scientific, Gamacisa, Leboriz, Merck, Panreac, Portomédica, Proquinorte, Scharlab e Lápices 4.

A sesión de entrega de premios estivo presidida pola decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera, e ao acto acudiron aproximadamente 300 estudantes dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres.

Este concurso, promovido pola Facultade de Química a través do Grupo Interdisciplinar de Innovación Docente en Química e o Grupo de Innovación Docente en Química Física, tiña por obxectivo final fomentar no alumnado do ensino medio a inquietude pola Química a través do coñecemento do papel que a mesma xoga na contorna da súa vida cotiá. Dende a organización consideran cumprido satisfactoriamente o seu obxectivo pola súa grande acollida entre os centros educativos dispersos por toda a xeografía galega, de xeito que o seu éxito non se limitou aos 30 traballos agasallados, senón que contou coa participación dun total de 84 carteis, chegando así a implicar a alumnado procedente de todos os recunchos da Comunidade Autónoma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023