Venres 26 Abril 2024

As mulleres case duplican aos homes nos premios extraordinarios da UVigo

Dos 70 galardóns de fin de grao e doutoramento, 43 foron acadados por mulleres, segundo informou este luns o Consello de Goberno da UVigo

Un ano máis as estudantes da Universidade de Vigo son as destinatarias da maior parte dos premios extraordinarios de grao e doutoramento (ver PDF), correspondentes, nesta ocasión, ao curso 2018/2019. O Consello de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria de hoxe a concesión dun total de 70 galardóns, que se outorgarán o vindeiro 28 de xaneiro no transcurso do acto conmemorativo de San Tomé, e dos que 43 corresponden a mulleres e 27 a homes. Do total de premios aprobados hoxe, 47 concedéronse a estudantes de grao e os 23 restantes a alumnado de doutoramento.

Este foi un dos acordos adoptados na primeira sesión do ano 2020 por parte dos membros do Consello de Goberno da universidade, que tamén deron luz verde ao calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2021/2022; á normativa de dedicación e recoñecementos docentes do profesorado; á  convocatoria de concesión de anos sabáticos e aos criterios de elaboración da programación docente anual (PDA). A sesión, celebrada na sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, comezou co informe do reitor, no que Manuel Reigosa deu lectura ao manifesto a favor das universidades públicas e do Sistema Universitario de Galicia subscrito polo pleno do Consello Social celebrado en Ourense a finais do pasado ano, para a continuación solicitar aos membros do Consello de Goberno a elaboración dun documento de consenso e “en positivo” reiterando o respaldo do órgano de goberno á universidade pública. Así mesmo, o reitor lembrou no seu informe os últimos convenios subscritos pola Universidade de Vigo con entidades como o Banco de Santander, o Concello de Vigo ou a Valedora do Pobo.

Publicidade

Sete de cada 10 premios de fin de carreira son para mulleres

Premios extraordinarios de grao e doutoramento

70 alumnas e alumnos de grao e doutoramento da Universidade de Vigo recibirán o vindeiro martes 28 de xaneiro os premios extraordinarios correspondentes ao curso 2018/2019. A sesión ordinaria do Consello de Goberno aprobou hoxe outorgar un total de 47 premios de grao e 23 de doutoramento, que se sumarán aos premios de excelencia de grao e máster e aos Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster, acadando os 149 galardóns, que serán entregados no acto de conmemoración de San Tomé, que se celebrará no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

As e os integrantes do Consello aprobaron hoxe conceder un total de 47 premios de grao, dos que 12 corresponden a titulacións do campus de Ourense, nove a Pontevedra, 18 a Vigo e oito aos centros adscrito dos tres campus. 31 galardóns foron para mulleres e os 16 restantes a homes. Mentres, no caso dos 23 premios extraordinarios de doutoramento, tres corresponden ao ámbito de Arte- Humanidades; oito ao de Ciencias; sete ao de Enxeñaría-Arquitectura e cinco ao Xurídico-Social. Do total de persoas galardoadas, 12 son mulleres e 11 homes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos