Juan Romero, da UDC, premio europeo en computación evolutiva

O investigador da Universidade da Coruña foi recoñecido polas súas achegas a esta especialidade da Intelixencia Artificial

O investigador da Universidade da Coruña Juan Romero foi galardoado co “Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe” outorgado pola sociedade científica SPECIES. Este premio europeo outórgase ao investigador que máis contribuíu á investigación en Intelixencia Artificial e á técnica de Computación Evolutiva nos últimos anos. A computación evolutiva é unha rama da Intelixencia Artificial que propón o uso de mecanismos inspirados na xenética para a resolución de problemas. Estas ferramentas permiten que, por exemplo, o computador poida crear un programa que resolva un problema, por se só, sen necesidade de que un humano constrúa ese programa.

Juan Romero formou parte activa no crecemento da Intelixencia Artificial aplicada á tarefas creativas e estéticas como artes, música ou deseño, sendo o fundador e responsable do congreso “Artificial Intelligence applied to Music, Sound, Art and Design”, que actualmente é o maior congreso internacional dedicado a Intelixencia Artificial aplicado a temas de creatividade e estética.

Publicidade

O xurado tivo en conta tamén as numerosas achegas científicas que o converteron en referencia mundial na estética computacional, como a edición de números especiais en revistas de referencia en Computación Evolutiva, en Intelixencia Artificial e en Deep Learning, a edición dos dous libros de referencia no seu campo de especialización: “The art of artificial evolution: A handbook on evolutionary art and music” e “Artificial Intelligence and the Arts: Computational Creativity, Artistic Behavior, and Tools for Creatives” da editorial Springer.

Tamén se valorou especialmente a participación de Juan Romero como socio-fundador e director de I+D da spin-off da Universidade da Coruña, PhotoIlike, por converter investigación de referencia en Intelixencia Artificial en produtos aplicados ao mundo real. PhotoIlike comercializa un produto capaz de predicir o impacto comercial de calquera imaxe inmobiliaria. Foi fundada en xaneiro deste ano e está presente en máis de 4.000 axencias inmobiliarias en España. O profesor Romero engade por segunda vez devandito galardón ás vitrinas de PhotoIlike, xa que anteriormente o profesor Penousal Machado (tamén socio fundador) recibiuno en 2016.

Publicidade

O investigador Juan Romero é Profesor Titular da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e membro do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Un proxecto da UDC propón un kit impreso en 3D para previr lesións asociadas ao uso do teclado e do rato

Doralys Torriente Aguilar deseñou unha solución ergonómica para exercitar e fortalecer as mans, os pulsos e os antebrazos mediante seis exercicios

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie