Venres 26 Abril 2024

Cinco novos ‘honoris causa’ para as universidades galegas

As universidades galegas incorporarán, cando menos, cinco novos doutorados ‘honoris causa‘ no presente ano, segundo as resolucións adoptadas por Vigo e Santiago nos seus últimos consellos de goberno.

A Universidade de Santiago deu o seu visto bo ao nomeamento de Crispian Scully, Enric Trillas, Giorgio Franceschetti e Jean-Michel Uhaldeborde. A concesión desta mención honorífica terá agora que ser ratificada polo Claustro universitario.

Publicidade

Giorgio Franceschetti.
Giorgio Franceschetti.

Médico, bioquímico e odontólogo, Crispian Scully é unha das persoas máis cualificadas e de maior prestixio mundial no ámbito da odontoloxía en pacientes especiais e da medicina oral. Proposto polo Departamento de Estomatoloxía da USC, destaca a súa xestión á fronte do Eastman Dental Institute, a única institución de Europa dedicada á investigación e docencia exclusivamente para posgraduados, que converteu nun centro internacional de excelencia investigadora.

Pola súa banda, o matemático e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Enric Trillas, investigador emérito do European Centre for Soft Computing, é proposto polo Departamento de Electrónica e Computación “pola súa indubidable valía científica e docente e a súa constante dispoñibilidade a colaborar coa USC en todas cantas iniciativas se lle teñen proposto”. 

A poeta e tradutora canadense Erín Moure é bisneta de galegos

Se o Claustro así o aproba, o profesor da Universidade de Nápoles (Italia) Giorgio Franceschetti será tamén nomeado honoris causa, neste caso a proposta do departamento de Física Aplicada. Autoridade recoñecida internacionalmente no campo da teoría electromagnética básica e aplicada, a relación do profesor italiano coa USC comezou nos anos 90 cunha estreita colaboración co grupo de Sistemas Radiantes co que traballa en grupos de investigación de carácter nacional e autonómico.

Crispian Scully.
Crispian Scully.

O catedrático de Economía da Université de Pau et des Pays de l’Adour (Francia) Jean-Michel Uhaldeborde é proposto polo Departamento de Economía Aplicada da USC, co que iniciou nos anos 80 unha relación investigadora coa USC, concretamente coa sección de Facenda Pública. O profesor francés é especialista no campo da economía e as políticas públicas, particularmente nas que se refiren ao desenvolvemento local e o seu financiamento, sendo considerado hoxe unha referencia europea na materia.

No caso de Vigo, o doutorado ‘honoris causa’ aprobado vai para a tradutora e poeta canadense Erín Moure, a proposta do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, e apoiada por sete dos nove departamentos do ámbito. Bisneta de galego, Moure é unha firme defensora da lingua galega, que comezou a aprender en 1998, así como unha destacada tradutora de poetas galegas como Rosalía de Castro, Chus Pato ou Lupe Gómez. Vinculada á Universidade de Vigo desde o ano 2008 a través do Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias, Moure converterase tralo apoio unánime do Consello de Goberno na vixésimo quinta Doutor Honoris Causa pola institución académica viguesa e na segunda muller en recibir este recoñecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

María José Alonso, nomeada ‘honoris causa’ pola Universidade de Nottingham

A catedrática da USC e investigadora do CiMUS quixo compartir esta distinción “con todo o equipo que me acompañou ao longo da miña carreira"

Carracedo louva a unión entre Galicia e Portugal ao recibir o ‘honoris causa’ en Braga

O catedrático galego foi investido co recoñecemento da Universidade do Minho este luns, nun emotivo acto celebrado na Praza do Paço

O psicólogo Uzzel e o xurista Orts, novos ‘honoris causa’ pola Coruña

O reitor Julio Abalde loubou a importancia intelectual destas dúas figuras que manteñen unha estreita relación con Galicia

Santiago incorpora a Ben Feringa e Nicholas Peppas á súa lista de “honoris causa”

Os científicos Nicholas A. Peppas e Bernard L. Feringa, dúas referencias...