Os segredos da etiqueta dos cosméticos

Entender os ingredientes dos produtos cosméticos non está ao alcance de calquera. Cando a profesora de Química Analítica da USC, Carmen García Jares, fai a pregunta, normalmente respóstanlle que, de todos os compoñentes que veñan na letra pequena, só se entende o de auga. “A xente non sabe o que consume pero temos que confiar en que os produtos que utilizamos pasaron un control antes de chegar ao mercado. O mesmo que nos pasa cos preparados de comida”, explica. Sin embargo, indica que “estamos cada vez máis informados e somos máis coidadosos” coas cousas que nos aplicamos na pel. Porque por cosméticos enténdese todo aquel produto que entra en contacto co noso corpo para mellorar o noso aspecto ou a nosa hixiene. Dende maquillaxe a espuma de barbear ou os desodorizantes.

Equipo LIDSA de la Universidad de Santiago, germen de i-Grape.
Equipo LIDSA da Universidade de Santiago.

No Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (Lidsa) da Universidade de Santiago, no que traballa García Jares, analízanse centos de tipos de cosméticos co obxectivo de desenvolver métodos de control dos compoñentes de cada produto. Aínda que non se trata de un instituto de control como tal, senón de I+D+i, sérvelles para comprobar que as empresas son “cada vez máis coidadosas cos produtos”. Aínda así, atopan algunha mentira tralo anuncio de “parabenos free” ou “fragancias free”. A regulación sobre que podemos e en que cantidades podemos utilizar un composto químico nos cosméticos vén directamente da Unión Europea, unha norma que se modifica ao ritmo “das novas evidencias científicas”. Isto explica que os parabenos, os conservantes “estrela durante os últimos anos”, estean agora denostados e as marcas apuren a indicar que non os utilizan nos seus produtos. Estes conservantes, explica García Jares, foron moi utilizados por son moi activos contra os microorganismos e teñen un espectro de actuación moi amplo pero, á vez, teñen outros inconvintes xa que moitos parabenos son disruptores endocrinos ou chegan a ter efectos canceríxenos.

Foi no Lidsa onde descubriron que o antibacteriano triclosán que se emprega, con restriccións, en moitas pastas de dentes convértese nunha dioxina, canceríxena, polo efecto da luz. “Probamos o tricliosán en auga, como cosmético e como cosmético aplicado á pel”, indica antes de asegurar que “sen dúbida” será un dos compostos que acaben retirando dos produtos cosméticos. Tamén se poden atopar substancias plastificantes como os estalatos, que, pese a estar prohibidos poden atoparse nalgún cosméticos que vén nun mal envase de plástico e que acaba por afectar ao produto. Agora di, son os conservantes BHT, que non son obxecto de restricción no seu uso, son que están “no punto de mira” xa que causan tamén disrupción endocrina unha vez penetran na pel.

No Lidsa descubriron que un antibacteriano da pasta de dentes podía derivar nunha dioxina canceríxena

No Lidsa manteñen outras liñas de investigación, como a dos antioxidantes dos viños, que complementa a análise dos cosméticos. Dende hai tres anos traballan na recuperación dos antioxidantes naturais que ten a pel de uva branca galega para o seu uso en cosméticos e alimentación. Trátase de extraer este conservante natural dun residuo que normalmente se desbotaría ou, como moito, se empregaría como abono, pero introducilo no mercado e evitar o uso de antioxidantes sintéticos. Desde traballo de investigación naceu a empresa spin off de base tecnolóxica i-Grape.

García Jares recomenda que fagamos un consumo responsable dos cosméticos e que acudamos a bases de datos que nos proporciona Internet, como a de Skindeep (http://www.ewg.org/skindeep/), “para desbrozar as etiquetas” e saber que estamos aplicando a nosa pel ou no noso pelo. “Hai que aplicar tamén un certo principio de prudencia”, remarca. A profesora indica que, grosso modo, podemos distinguir dous tipos de cosméticos: os que aplicamos na pel para que permanezan aí moito tempo, como as cremas, e os de enxugar, entre os que se atoparían os xeles ou champús. É sobre os primeiros, advirte, sobre os que debemos ser máis coidadosos á hora de mercar. “Atopamos de todo, pero algúns dos produtos máis críticos son los desodorizantes 24 horas, sobre todo algúns masculinos”. Para tomar conciencia da importancia do sector tira dos datos económicos: España é a quinta potencia europea en produción de cosméticos e “inmersos nunha crise de consumo, este mercado non só se mantivo senón que medrou un pouco”, apunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.