A voz delátanos ante a persoa que nos gusta

A atracción sexual deixa evidencias na voz. Así o demostra un estudo da Universidade de Stirling, no Reino Unido, que analizou os rangos vocais de 110 persoas heterosexuais, homes e mulleres, en situacións de cortexo e achou que a voz deles é máis cantareira ante a presenza da persoa que lles gusta.

Os homes teñen unha voz máis cantareira ante a persoa que lles gusta
Os homes teñen unha voz máis cantareira ante a persoa que lles gusta

Os tons vocais que experimentan os homes diante dunha muller atractiva, fronte ao ton suave e baixo que usan cando a persoa coa que falan non lles provoca ningún interese sexual. As modulacións na voz do home teñen, segundo o estudo, unha fin práctica, que é a de agradar á posible parella.

Publicidade

A voz tamén induce a imaxinar como é o outro e, nalgunhas ocasións, suxire trazos negativos. Un ton profundo e grave, asociado nos homes a unha idea de masculinidade moi marcada, é quen de xerar no interlocutor unha sensación de agresividade e promiscuidade percibidas xeralmente como negativas. O home, asegura o estudo, evita transmitir esta imaxe que o prexudica variando precisamente o seu tono de voz con altos e baixos, o que xustifica a súa voz cantareira ante alguén que lle gusta.

É xa coñecido que o interese sexual anuncíase de xeitos ben diferentes, entre os que non teñen unha importancia menor os elementos non verbais, o contacto visual e a linguaxe corporal.

Podes atopar máis información
neste artigo científico da Universidade de Albany (Estados Unidos)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Drogas, sexo e desinhibición: que é o ‘chemsex’ e que riscos implica?

Esta práctica está asociada ao consumo de substancias psicoactivas específicas para mellorar ou prolongar as experiencias sexuais

Que é o “slamsex”, a perigosa práctica sexual que causa furor nas aplicacións para ligar

Esta modalidade de 'chemsex' inclúe o emprego de drogas vía intravenosa para intensificar e prolongar as relacións sexuais, o cal conleva certos riscos que convén coñecer

Foi o sexo con humanos a causa da extinción dos neandertais?

Un novo estudo apoia a hipótese de que a mestizaxe dos nosos antepasados puido ser a causa da súa desaparición

Por que os adolescentes ignoran a voz das súas nais?

A partir dos 12 anos hai un cambio no desenvolvemento neurolóxico do individuo e as voces maternas teñen menos impacto que as non familiares