Martes 7 Maio 2024

Por que non se vacina a xente contra a gripe?

É todo un tópico ao comezo de cada outono. Desde a Administración autonómica, a través do Servizo Galego de Saúde, e por medio dos profesionais sanitarios, ponse en marcha unha prolongada campaña de vacinación contra o virus da gripe que dura ata o final de ano. A inmunización é clave para evitar as complicacións da doenza, que adoita acadar o seu pico de incidencia na xente nos meses de decembro e xaneiro.

Aínda co alcance desta campaña, e coa resposta positiva da xente e a poboación en xeral, hai que lamentar de novo decenas de vítimas mortais a causa da gripe. Ata o momento, segundo os datos do Sergas, faleceron 38 persoas por causas relacionadas directamente coa doenza. E delas, 18 non estaban vacinadas, aínda que todas tiñan indicada a vacina por motivos de idade ou por factores de risco.

Publicidade

Recoméndase a vacinación de todos os maiores de 64 anos, pero só o 58% se inmunizan

Todos os anos, o Sergas márcase como obxectivo conseguir a vacinación do 65% dos maiores de 64 anos. Os datos provisionais desta campaña sinalan que ‘só’ un 57,97% destas persoas (383.355 galegos) se inmunizaron.

Desde o propio Sergas, citando a bibliografía sobre a materia, aluden a tres principais causas á hora de sinalar esta baixa porcentaxe de vacinación entre a xente: non considerar probable contraer a gripe, non percibir a gripe coma un risco para a saúde e o medo aos efectos secundarios da vacina; un aspecto a veces magnificado polos movementos antivacinas. A este respecto, os efectos adversos son moi pouco frecuentes; case sempre se corresponde cunha pequena dor local no lugar no que se administrou a inxección.

Neste sentido, Juan Gestal sinala que “non se entende” esta baixa porcentaxe de inmunización, “con todo o esforzo que se está a facer por parte das autoridades sanitarias”, incluso chamando persoalmente “ao domicilio ás persoas que por razón de idade teñen recomendada a vacina”.

Tamén podes ler:

saude/yamagata-vacina-da-gripe/

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos

Unha viaxe ao pasado de Galicia: 4.000 anos de historia nun mapa interactivo

Chronas é unha ferramenta web con máis de 50 millóns de puntos de datos que abranguen dende o 2000 a. C.

Médicos galegos diagnostican un raro caso de apendicite esquerda

É unha patoloxía pouco frecuente que tan só se dá en 1 de cada 500 nacementos e débese a unha malformación intestinal