Explicación: os coloridos ronseis estelares forman un arco ao través da noite nesta paisaxe celeste e montañeira en gran angular. Desde un planeta en rotación, a exposicións consecutivas engadidas dixitalmente fixéronse cunha cámara fixada a un trípode e apuntando ao sur, sobre a cordilleira iraní dos montes Alborz. As estrelas deixan arcos concéntricos ao redor do polo sur celeste do planeta, por baixo do agreste horizonte da escena. Ao seren combinadas, as numerosas exposicións curtas desvelan tamén as fermosas cores das estrelas. Os ronseis azulados proceden de estrelas máis quentes có noso Sol, mentres que os amarelados son das estrelas máis frías. Preto do centro destaca o ronsel rosado creado pola nebulosa de Orión Nebula, onde se forman estrelas.