Pint of Science: galería dun éxito

O festival Pint of Science foi todo un éxito, con grandes investigadores galegos achegando a ciencia a todos os públicos, con centos de persoas abarrotando a Nave de Vidán, en Compostela, para cada unha das tres sesións. A idea do festival naceu duns investigadores do Imperial College de Londres e estendeuse polo mundo. Este ano, chegou a Galicia co obxectivo de ofrecer charlas interesantes, divertidas, sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público. E todo iso nun bar. O resultado foi espectacular.
O luns 18 de maio, baixo o título ‘Somos os nosos xenes’ participaron Manuel Collado (Investigador no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago), Ángel Carracedo (Profesor da USC, director do Grupo de Medicina Xenómica) e Gonzalo Álvarez (Doutor en Ciencias Biolóxicas e Catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela).
O martes 19, titulado ‘Dos átomos ás galaxias‘, estiveron Enrique Zas (Catedrático de Física Teórica. Director do grupo de Astrofísica de partículas da USC), Jorge Mira (Catedrático da área de Electromagnetismo da USC) e José Edelstein (do Departamento de Física de Partículas da USC).
E, o mércores 20, ‘Mente marabillosa’ contou con Castro Rivadulla (Profesor titular e investigador do Grupo NEUROCOM, da Universidade da Coruña), Xurxo Mariño (do Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade dá Coruña) e Julio González (Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Facultade de Matemáticas. USC). Ademais, os magos Óscar & Miguel puxeron a parte lúdica, e tamén didáctica e científica, á xornada.
Velaiquí tedes unha galería de imaxes do que foi todo un éxito: o primeiro Pint of Science, en Galicia.
[wzslider info=”true”]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos