O Goberno confirma que A Coruña será sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

A cidade foi elixida por diante doutras candidatas, como Granada, Alacante e Xixón e convertirase nun dos referentes tecnolóxicos de España

O Consello de Ministros vén de escoller á Coruña para albergar a Axencia de Intelixencia Artificial. Así o confirmou a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros deste luns.

Criterios territoriais

A decisión do Goberno de España sobre a localización da Aesia ten unha marcada compoñente territorial, tendo en conta o papel sumamente beneficioso que esta Axencia desempeñará na Coruña. No caso de Galicia, o reto demográfico é un dos eixos prioritarios do Plan Estratéxico 2022-2030 -recentemente aprobado- no que se prevé crear as condicións para eliminar tecnicamente o paro na rexión.

Publicidade

Para a valoración dos criterios xerais tivéronse en conta indicadores de cohesión social e territorial, como a poboación total ou a renda bruta media; indicadores de paro como taxas de paro e actividade, respectivamente; e indicadores de despoboamento como a densidade de poboación ou o índice de envellecemento, entre outros.

Así mesmo, para a valoración da adecuación do edificio ás necesidades da Aesia, avaliáronse os requisitos de espazo físico e equipamento dos inmobles, atendendo ás principais funcións da Axencia anunciadas polo Goberno.

Publicidade

[Nova en ampliación]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética