Investigadores galegos aceleran o diagnóstico da síndrome do ollo seco

Un estudo realizado por tres investigadores galegos e que vén de ser publicado na revista Computer Methods and Programs in Biomedicine amosa un novo método para contribuír ao diagnóstico da síndrome do ollo seco. Esta doenza, que afecta a uns 5 millóns de persoas só en España, produce problemas de irritación, sensibilidade á luz, sequedade, dor e cansazo na vista, coas conseguintes dificultades que isto ocasiona na vida diaria. Os ordenadores do Centro de Supercomputación de Galicia, situado en Santiago, realizaron as probas deste novo método.

Jorge González e María José Martín, do Grupo de Arquitectura de Computadores de la Universidade da Coruña (GAC-UDC), e Beatriz Remeseiro, do Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência en Porto, (INESC TEC), desenvolveron un sistema para acelerar a producción de mapas de película lacrimal en clústeres de memoria distribuida. Este novo método modifica o algoritmo orixinal a través da ultilización do Interfaz de Pase de Mensajes (MPI), co que acelera o tempo de execución destes mapas.

Publicidade

Deste xeito, conséguese aforrar case dous minutos respecto á anterior abordaxe, polo que só se tarda algo menos de dez segundos en deseñar o novo mapa. Anteriormente, nalgúns casos, a implementación dos mapas máis pesados podía levar ata media hora.

Esta redución de tempos pode conseguir que o uso de mapas de película lacrimal se xeralice entre os especialistas médicos, acelerando e mellorando o diagnóstico.

Publicidade

1 comentario

  1. Eu padezo ésta doenza
    Levo moitos anos utilizando Oculotec e Lipolac co custo mensual de 15€ aproximadamente.
    Diagnosticada de esoftalmos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE incorpora o físico César Cabrera cun proxecto ERC de 1,9 millóns sobre simulación cuántica

O investigador mexicano abrirá en Galicia unha nova liña de investigación en átomos ultrafríos e reforzará a aposta do centro polas tecnoloxías cuánticas

Simulación cuántica e trampas de ións: como funcionará o novo laboratorio do IGFAE e o CESGA?

O instituto da USC acollerá un laboratorio único en España para estudar física nuclear e de partículas e colaborar con usuarios de todo o mundo

Galicia impulsa o seu liderado en tecnoloxías cuánticas con dous novos laboratorios

O IGFAE e atlanTTic colaborarán no desenvolvemento de procesadores destinados á física de partículas e á computación óptica

Galicia participará no primeiro centro europeo de excelencia cuántica

USC, UDC e Cesga lideran esta iniciativa formada por 11 socios de cinco países da UE e que busca fomentar o desenvolvemento destas tecnoloxías e garantir o liderado