Venres 29 Marzo 2024

Ramón Doallo, Premio Nacional de Informática

O xurado dos Premios de Investigación Sociedad Científica Informática de España (SCIE) – Fundación BBVA deu a coñecer esta semana os galardoados na súa edición de 2018. Entre os premiados están dous investigadores galegos, da Universidade da Coruña: o catedrático de Electrónica e Sistemas Ramón Doallo Biempica, que recibiu o Premio Nacional de Informática na modalidade Aritmel, e David Vilares Calvo, que foi recoñecido na categoría de Mozos Investigadores.

Ramón Doallo foi recoñecido, segundo informou o xurado no seu fallo, “polas súas sobresaíntes achegas á arquitectura e tecnoloxía de computadores ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia de resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico”. Doallo é doutor en Física pola USC, e acumula un cuarto de século de experiencia no eido da Computación de Alto Rendemento (High Performance ComputingHPC), con máis de 120 publicacións científicas.

Publicidade

Foi investigador visitante no Centro de Supercomputación de Investigación e Desenvolvemento e no Departamento de Ciencia da Computación, ambos os dous da Universidade de Illinois (Estados Unidos). Encabezou máis de 40 accións de investigación (proxectos, redes de investigación, etc.) financiados por axencias nacionais e internacionais, institucións públicas e empresas privadas. No eido do emprendemento, Doallo é cofundador da empresa Torus Software Solutions, que ofrece solucións de software de comunicacións ultrarrápidas que permiten acelerar aplicacións en contornas nas que o rendemento é crítico, en especial nos ámbitos financeiro, das telecomunicacións e da enerxía. A empresa está participada pola UDC e pola Fundación Barrié a través do seu Fondo de Ciencia e recibiu xa varios premios polo seu compoñente innovador. No ano 2015, Doallo ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.

David Vilares Calvo

David Vilares Calvo.
David Vilares Calvo.

Pola súa banda, David Vilares Calvo, tamén investigador na Universidade da Coruña, recibiu un dos seis galardóns que recoñecen a Mozos Investigadores Informáticos polas súas destacadas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na súa aplicación ao análise de sentimentos en redes sociais”, segundo explica o xurado. Recibirá un premio económico de 5.000 euros brutos. Deste xeito, o premio recae por segundo ano consecutivo nun mozo galego, despois de que Alejandro Ramos, creador de Galiweather, recibira o mesmo recoñecemento en 2017.

David Vilares Calvo forma parte de LyS, o grupo de Procesamento da Linguaxe Natural da UDC, e participa tamén como investigador asociado no proxecto Fastparse (Fast Natural Language Parsing for Large-Scale NLP), coordinado polo profesor Carlos Gómez Rodríguez, e financiado cunha axuda ERC Starting Grant. O grupo explora modelos para a predición estrutural da linguaxe humana a través de ferramentas informáticas.

David realizou o seu doutoramento na en Ciencias da Computación na UDC grazas a unha bolsa FPU, e realizou estancias na universidade de Wolverhampton (Reino Unido), a Nanyang Technological University (Singapur), e a Aston University (Estados Unidos).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

Que é e que non é intelixencia artificial

A expresión intelixencia artificial está a ser abusada e utilizada de xeito incorrecto en múltiples ámbitos cotiáns

PODCAST | A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo

Charla co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións

Tres obradoiros para espertar a vocación tecnolóxica entre as rapazas

Están organizados polo CPEIG e Amtega e poderanse seguir en liña ou asistir de maneira presencial na Facultade de Informática da Coruña