.
.

O dicionario da RAG tivo máis de 20 millóns de consultas en 2017

O dicionario da Real Academia Galega ten mellor saúde ca nunca. Semanas despois de dar a coñecer que afouteza‘, un dos termos máis buscados do ano, foi escollida como a palabra do ano 2017, a RAG anunciou que no ano que acaba de rematar a versión dixital acumulou máis de 20,5 millóns de consultas, cunha media diaria de 56.000, Esta cifra supón un incremento do 42% respecto a 2016, na que se contabilizaron algo máis de 14 millóns.

Amais, o dicionario acadou 1.059.472 usuarios únicos, case 192.000 máis que os 867.555 de 2016. A estas cifras tamén hai que engadir as case 2 millóns de visualizacións que sumaron as aplicacións para o Dicionario para Android e iOS, cunhas 70.000 descargas.

A consulta en liña dos termos do dicionario galego, en activo desde 2013, compleméntase co Portal das Palabras, unha ferramenta creada para divulgar o léxico da nosa lingua. Ambas iniciativas, apoiadas pola Fundación Barrié, están en constante actualización. Unha das últimas accións foi a incorporación, con motivo do último Día da Muller, da busca directa de termos en forma feminina.

Ademais, as aplicacións do Dicionario para Android e iOS permiten acceder aos xogos interactivos e outros recursos lúdicos e didácticos de lexicografía do Portal das Palabras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.