Crean un corredor para coches sen condutor entre Vigo e Porto

A ruta entre Vigo e Porto vaise converter nun banco de probas para os vehículos sen condutor, segundo un acordo asinado por España e Portugal, que establece dous corredores terrestres para este tipo de coches, que circularán entre Porto e Vigo (154 quilómetros) e entre Évora e Mérida (163 quilómetros).

Estas dúas vías terrestres terán conexión 5 G, imprescindible para garantir unha conexión rápida e segura entre as máquinas autónomas e entre elas e os centros de control de datos, segundo anunciou o xornal portugués Público.

Publicidade

O acordo entre os dous países, asinado o 10 de abril, prevé o establecemento de regras comúns e coordinadas para o desenvolvemento “rápido e seguro de condución autónoma que contribuirán para un uso máis harmonioso e exitosos das tecnoloxías avanzadas en vehículos”.

A conexión 5G é vital para que o coche poida circular con seguridade de xeito autónomo

Con este acordo, os dous países pretenden poñerse na vangarda da mobilidade autónoma; os dous corredores, de máis de 300 quilómetros, “van funcionar como un centro tecnolóxico neutral para a industria, centros de investigación, universidade e calquera outro axente que queira probar e avaliar tecnoloxías innovadoras de innovación”.

É dicir, que empresas como Google, Uber, Citroën ou Mercedes poderán testar as súas investigacións nestas vías acoutadas. Recentemente, Mercedes trasladou a Lisboa o seu laboratorio de tecnoloxía para o coche autónomo e Google anunciou outro centro nos arredores da capital lusa onde traballarán máis de 500 persoas, a maioría informáticos.

Publicidade

Ao mesmo tempo, en Vigo a factoría de Citroën traballa con diversos centros de investigación, como o CTAG do Porriño, para desenvolver o coche autónomo. En novembro do 2015, xa se fixo unha proba percorrendo os máis de cincocentos quilómetros entre Vigo e Madrid cun coche de Citroën adaptado e con condución autónoma.

1 comentario

  1. Bien. Ojalá sea más pronto que tarde el que uno se traslade en coche sin conducir. Personalmente, me gusta trasladarme y viajar, pero no conducir. Mi mayor felicidad, que no voy poder satisfacer, será cuando nos podamos teletransportar. Hago chas y aparezco allí donde quiero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A IA de Google aprende galego: “É vital falalo para que a tecnoloxía non sexa unha barreira”

Gemini 3 integra o idioma por primeira vez, nunha actualización que reforza a comprensión multimodal á altura de competidores como ChatGPT e Copilot

Google ou ChatGPT: cal diagnostica mellor os teus síntomas? Un estudo galego ten a resposta

Unha investigación do CiTIUS determina que os modelos de IA teñen unha taxa de acerto de ata o 90% pero a súa fiabilidade dependerá do contexto

O estado do galego e Internet

A presenza do idioma é residual na web e atopa moitas barreiras, dende o seu emprego na publicidade ata nos motores de busca

Estes son os lugares de Galicia onde se sentiu o recente terremoto de Portugal

O Instituto Xeográfico Nacional confirma os efectos do fenómeno das costas Atlánticas nas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña, aínda que sen danos persoais nin materiais