Venres 26 Abril 2024

A multinacional Time Out adquire unha aplicación turística creada por galegos

“Dando a volta ó mundo dos hoteis”. Así se define HallStreet, un portal fundado polo coruñés Alfredo Ouro Villaraviz e o seu colega Antonio Rodríguez da Torre creada en 2012 e con presenza en oito cidades españolas.  Está destinada ao negocio do turismo e permite un mercado libre das habitacións. Trátase dunha plataforma única no mundo para comprar e vender reservas de hotel. A súa particularidade é  que os prezos non son fixos polo que, para adquirir unha praza de hotel, ofrece varias posibilidades. Desde negociar o prezo cos propios hoteis, comprar da maneira tradicional ou comprar a outros usuarios que revenden as súas propias reservas. En caso de querer vender, como hotel ou particular, permite que vendas a praza completa ou “cama a cama”para aqueles que, baixando sos, querer aforrar cartos no seu aloxamento.

A app non pasou desapercibida para o grupo británico Time Out – portal turístico coñecido polas súas guías de lecer de diferentes lugares arredor do mundo-, que acaba de adquirila por unha suma non revelada. Time Out opera en 107 cidades de 39 países, cunha audiencia global de máis de 100 millóns de usuarios.

Publicidade

Trátase dunha plataforma única no mundo para comprar e vender reservas de hotel 

Segundo explica a multinacional nun comunicado, “HallStreet revolucionou o mercado de viaxes global e de lecer co desenvolvemento dun innovador planificador baseado en mapas”. A aplicación de xeolocalización turística basease nos mapas interactivos para atopar eventos, hoteis, restaurantes ou teatros nas principais cidades do mundo. Combina a metabúsqueda co comercio electrónico interactivo e permite aos usuarios, sen cambiar de web, comparar prezos, adquirir entradas ou reservar un aloxamento.

Tras a absorción, Alfredo Ouro foi nomeado vicepresidente sénior de Produto de Time Out Group -reportando directamente ao presidente da compañía, Noel Penzer-. Tanto Ouro como Rodríguez da Torre -que ocupará o posto de director de Tecnoloxía e Viaxes– trasládanse á sede central de Londres, mentres que os enxeñeiros de HallStreet seguirán traballando en Barcelona como empregados de Time Out. A aplicación para móbil aínda se pode descargar (HallSt, en iOS), pero ao abrila redirecciona á web da firma británica.

“Estamos orgullosos de formar parte dunha marca global de confianza”, indica Alfredo Ouro. “A nosa tecnoloxía pon a cidade desde o alto vinculando restaurantes, bares, hoteis e cousas que facer sobre o mapa e permitindo aos seus usuarios comparar e reservar coa tecnoloxía máis avanzada” engade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Volve a Galicia o festival de divulgación científica nos bares

É un evento gratuíto e para todos os públicos que terá lugar os próximos días 22, 23 e 24 de maio na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo

Tecnoestrés: un fenómeno real pero evitable

As tecnoloxías facilitan a nosa vida, pero o uso descontrolado pode afectar á saúde. Adaptación e organización son as chaves para protexernos

O Goberno confirma que A Coruña será sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

A cidade foi elixida por diante doutras candidatas, como Granada, Alacante e Xixón e convertirase nun dos referentes tecnolóxicos de España