Sábado 20 Abril 2024

A aplicación galega Apparcar desembarca no Reino Unido

Apparcar é unha ferramenta tecnolóxica galega que axuda aos conductores a atopar unha praza de aparcamento nas cidades a través da colaboración con concellos e xestores de parkings. Acaba de dar o salto ao Reino Unido tras ser adqurida pola compañía Imperial Civil Enforcement Solutions (Imperial).

A aplicación galega xa ten realizado probas en cidades como Madrid, Santiago de Compostela e Northampton. A característica que fai única a Apparcar é que non utiliza sensores nin outro tipo de hardware para localizar as prazas baleiras. Obtén datos en tempo real a través das accións dos usuarios e dos sistemas GPS, que permiten seguir a evolución dos espazos de aparcamento e do comportamento dos condutores. A utilización deste tipo de tecnoloxías xera importantes beneficios nas cidades, xa que se estima que un 30 por cento do tráfico urbán débese á busca de aparcamento.

Publicidade

“Estamos encantados de unir forzas cunha compañía tan respectada”, sinala José Luis Leirós

O proxecto xurdiu a raíz do traballo dos seus fundadores, José Luis Leirós e Alexandre Freire, e recibiu importantes recoñecementos en mostras como o Smart City Expo World Congress de Barcelona ou Parkex 2016, celebrado en Reino Unido.  Sobre o acordo con Imperial, Leirós sinala que “estamos encantados de unir forzas cunha compañía tan respectada. As probas realizadas en España xeraron interese en moitos países e en especial no Reino Unido”. O fundador de Apparcar espera que, tralo acordo coa compañía británica, a aplicación chegue tamén a outros países.

Segundo comenta Ashley Bijster, directora xeral de Imperial ,“a compra realizouse porque Apparcar é unha solución moi sinxela e eficaz que proba que é posible ter o mellor dos dous mundos: por un lado, é un servizo fiable e cómodo para os condutores, e por outro, permite que os xestores teñan un mellor control do estacionamento”.

Pola súa parte, Andrés Saborido, de Telefónica Open Future España, tamén amosou a súa satisfacción pola operación. “A venta de Apparcar é un exemplo do que queremos conseguir con todas as startups que pasan polos nosos espazos”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Una app para el abuelo

La empresa de Ourense Primux Tech crea una aplicación que adapta cualquier teléfono Android a las necesidades de las personas mayores

Aplicaciones para la ciudad del futuro

Una empresa gallega crea sistemas de alumbrado a la carta y contenedores con sensor de llenado.