Foto de familia dos participantes no Hack for Good na UVigo.

Máis de 60 ‘hackers’ ao servizo da innovación

62 inscritos e inscritas, o dobre que en 2015. 13 grupos de entre 4 a 5 persoas e temáticas como realidade virtual, aplicacións sanitarias, terceira idade, mobilidade para persoas con discapacidade, robótica, sistemas de emerxencia. Estes son os grandes números e ámbitos de traballo dos e das participantes no HackforGood 2016 organizado pola Cátedra Telefónica- Uvigo desde hoxe e ata o sábado no edificio Miralles do campus vigués. Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo é unha das 14 sedes nas que de xeito simultáneo se desenvolve a 4ª edición do HackforGood, o encontro de programadores organizado por Teléfonica e impulsado pola Escuela Técnica Superior de Telecomunicación da Universidad Politécnica de Madrid; a Fundación Hazloposible e a startup MashmeTV, e que conta co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre as que se atopa a da Universidade de Vigo.

Carmen Lópe, directora de Telefónica Open Future en Galicia.
Carmen López, directora de Telefónica Open Future en Galicia.

O alumnado das escolas de enxeñaría de Telecomunicación e Industriais da Universidade de Vigo suman o 80% dos e das participantes nesta edición local do HackforGood, ao que tamén concorren estudantes doutras titulacións que se imparten na institución académica viguesa. Ao igual que en Vigo, en Madrid, Barcelona, Valencia, Alicante, Murcia, Ciudad Real, Sevilla, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Cáceres, Salamanca, Valladolid e León, centos de estudantes desenvolverán durante os tres días que dura o encontro novas ideas, servizos ou aplicacións que axuden a resolver problemas sociais, satisfacendo as necesidades existentes, creando novas comunidades ou desenvolvendo colaboracións entre institucións públicas, privadas e terceiro sector. “Todo o que contribúa a crear un mundo mellor”, sinalan desde a organización, que establece que os proxectos se desenvolvan a partir de retos formulados a partir de liñas temáticas como Big Data, Smart Cities, Smart Worlds, Smart Society, M2M, Internet das cousas, impacto nas persoas e na cidadanía e en definitiva calquera tema relacionado coa innovación social.

Os gañadores poderán desenvolver a súa idea no sistema de emprendemento Telefónica Open Future

O HackforGood 2016 deu comezo na Universidade de Vigo coas intervencións do reitor, Salustiano Mato e do director de Telefónica Galicia, Manuel Ángel Alonso, ás que seguiu unha conferencia a cargo da directora de Open Future Telefónica en Galicia, Carmen López, titulada H4G e Proxecto Open Future. Nas sesións do venres e sábado os e as participantes desenvolverán os seus proxectos, que serán presentados o sábado, xornada que rematará coa entrega de premios locais.

O director de Telefónica Galicia, Manuel Ángel Alonso, tamén incidiu na crecente colaboración entre a empresa e a Universidade de Vigo. En relación con HackforGood, Alonso inseriuna nas actividades que Telefónica desenvolve “para xerar ideas que se poden converter en realidades” co obxectivo de promover cultura da innovación e emprendemento. O director de Telefónica Galicia animou aos e ás participantes a gozar dunhas xornadas “nas que podedes darvos conta de que as vosas ideas poden axudar a resolver problemas e a converterse en realidades”. Alonso tamén incidiu na importancia da multdisciplinariedade, “ese é o camiño”, dixo e animou aos e ás futuras tecnólogos a abrir a mente e aproveitar as oportunidades de valor que teñen outras especialidades.

Todos os equipos gañadores formarán parte do ecosistema de emprendemento de Telefónica Open Future e así poderán dar continuidade ao seu proxecto e beneficiarse dos programas da compañía de formación e mentorización, e conseguir financiamento adicional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.