A USC abre o programa EMPRÉGA-T, este ano tamén en Lugo

Durante os meses de outubro e novembro a Universidade de Santiago converterase de novo nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor. Á xa tradicional edición en Santiago, este ano o programa Emprega-T desenvólvese tamén no campus de Lugo. O programa, que xa ten abertas as inscricións, ten recoñecemento académico de 1 crédito ECTS optativo.

A sesión de apertura do programa tivo lugar este martes en Santiago nun acto no que participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario do Consello Social da USC, Benigno Carril, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e a decana da Facultade, Emilia Vázquez. A continuación, tivo lugar un seminario sobre recursos de información para a busca de emprego e programas de prácticas para a iniciación profesional. Esta actividade volverá realizarse o 6 de novembro en ADE de Lugo.

Publicidade

Formación completa
As actividades de Emprega-T pretenden ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas, habilidades persoais, sociais e directivas, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral.

O programa contempla un bloque dedicado á formación, con oito seminarios e obradoiros sobre comunicación, autocoñecemento, posicionamento, prácticas internacionais ou emprendemento, e a exitosa experiencia Talent’s Loop, un laboratorio no que as persoas participantes simularán un proceso completo de busca de emprego.

Publicidade

Ademais, este ano ponse en marcha en Compostela o novo bloque ‘Relacióna-T: Universidade na rúa’, con eventos fóra das aulas para seguir aprendendo nun ambiente máis relaxado e animado. Serán catro eventos nos que os participantes poderán relacionarse con persoas emprendedoras de diferentes sectores que impartirán pílulas formativas e compartirán a súa experiencia. Cada evento finaliza cunha dinámica de networking, na que se trata de fomentar a relación entre todas as persoas asistentes.

No último dos catro eventos os protagonistas serán dez estudantes, previamente seleccionados, que farán unha presentación pública do seu valor profesional ou da súa idea emprendedora dun xeito visual e atractivo, contando para iso cunha titorización individualizada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior