O encontro Utopía Noroeste achega a innovación, as tecnoloxías e o pensamento do futuro

O Congreso, que se celebrará en Vigo e Ourense do xoves ao sábado, conta con relatores expertos en diversas materias

O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acolle este xoves a apertura do encontro Utopía Noroeste, un congreso de innovación, tecnoloxía e ideas disruptivas. O venres e o sábado, Utopía Noroeste continuará no Pazo de Vilamarín, en Ourense. O encontro inaugural comezará ás 19:00 horas cunha intervención sobre intelixencia artificial, a cargo de José María Lassalle, escritor e profesor universitario. Lassalle afondará sobre a intelixencia artificial, en materias como os desafíos da democracia fronte á revolución dixital, para dar paso á análise de innovación en contidos dixitais coa disertación de Adriana Moscoso del Prado, directora xeral de Industrias Culturais do Ministerio de Cultura, e sobre as cidades intelixentes, coas reflexións de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.

Por mor das limitacións derivadas da Covid-19, o congreso poderase seguir por streaming, despois de de rexistrarse en www.utopianoroeste.com. Ademais, o público ten a posibilidade de participar activamente deixando as súas preguntas e reflexións aos falantes, en directo a través da propia app creada para o encontro. Utopía Noroeste está cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa de promoción turística MICE e a Deputación de Ourense, dentro da súa estratexia de futuro, Smart Province.

O Congreso quere abordar desde diversas perspectivas os desafíos aos que se enfronta a sociedade no século XX, reflexionando sobre a relación entre tecnoloxía e territorio, a transformación dixital, a nova economía, a intelixencia artificial e o humanismo, o nomadismo dixital e a reactivación do rural. Así, participarán expertos en realidade virtual, intelixencia artificial, blockchain, 5G, videoxogos e cidades intelixentes; e ao mesmo tempo reflexionar sobre os desafíos éticos e políticos que expoñen, e como poden combinarse nun gran restablezo da sociedade desde unhas bases sostibles.

O venres 20, o encontro trasládase ao pazo de Vilamarín en Ourense onde os protagonistas serán os videoxogos. O produtor musical Denis Siks contará a súa experiencia sobre a creación de música para empresas de videoxogos. Presentarase o Libro Branco Español de Desarrolladores de Videoxogos, por parte de Antonio Fernández. E Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dará a coñecer os proxectos dos mozos premiados no certame Xuventude Crea. A xornada do venres pecharase coa intervención de Edgar Martín Blas, responsable de Virtual Voyagers, onde analizará o futuro máis inmediato da realidade virtual.

O sábado 21, Amalia Formoso, da empresa de moda Zurita, quen desde China explicará como a súa empresa adaptouse ás novas tecnoloxías. A vicerreitora da Universidade de Vigo Natalia Caparrini exporá algunhas das carreiras do futuro e a fenda de xénero nas disciplinas STEAM. Fernando Suárez, presidente do Consello Xeral de colexios de enxeñeiros informáticos, disertará sobre Ourense como provincia intelixente e o turismo do futuro. Tamén haberá un espazo para o debate sobre a implementación do 5G, con Luís Álvarez Sestelo, presidente da asociación galega de empresas tecnolóxicas INEO e a xestión integral a través da visualización avanzada será obxecto de análise por parte de Manuel Meijide, experto en smart cities e industria 4.0, quen desenvolverá na súa intervención o concepto do ‘xemelgo dixital’. Esta primeira edición finalizará coas reflexións sobre o emprendemento, apuntando á beira máis práctico, da man de Carlos Blanco, emprendedor e investidor no sector das novas tecnoloxías.


Máis información, en utopianoroeste.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.