Ás veces a innovación non chega cun descubrimento científico ou co achado dunha tecnoloxía punteira. Este é o caso de Vagalume Enerxía, unha compañía que na súa curta existencia apostou por un novo modelo de asesoramento enerxético que xa se converteu nunha solución moi atractiva para empresas de diversos sectores, ao reducir a súa factura enerxética. “Un dos nosos obxectivos é que as empresas podan investir o que aforran coas nosas solucións na implantación de fontes de enerxía diferentes ás que están utilizando”, indica o xerente e socio fundador de Vagalume, Alejandro Díaz.

O interese que esperta o modelo implantado por Vagalume o demostra o feito de que obtiveran neste ano un financiamento da plataforma de crowfunding británica “Crowdcube” de máis de 228.000 euros, procedentes de 45 investidores. A empresa tamén conseguiu nos últimos tempos diversos recoñecementos a súa labor, con premios coma a “Estrela de Ouro”, concedido este ano polo Instituto para a Excelencia Profesional.
Vagalume naceu coma unha empresa familiar pero agora conta con máis de 40 socios e este mesmo ano iniciou a súa expansión internacional coa apertura dunha delegación en México, que xa conta con os permisos para operar e que está na procura dun socio local para comezar a traballar. “Hai moito interese en México polo noso modelo e temos boas perspectivas de negocio porque alí non hai crise e levan dez anos de atraso fronte ao que se está a facer aquí”, indica Díaz.
Unha das principais características de Vagalume é que se define coma unha consultora enerxética integral. O seu modelo de traballo consiste en realizar un informe sobre as posibilidades de aforrar enerxía que presenta o cliente e presentarlle as opcións máis axeitadas para conseguir este obxectivo. “Nós non nos especializamos en ningún sector concreto”, explica Díaz, “xa que temos solucións para aforrar enerxía para empresas de calquera tipo. Ofrecemos solucións baseadas nas enerxías renovables que poden ser caldeiras de biomasa, iluminación LED, paneis fotovoltaicos, dispositivos de autoconsumo, etc”.
Para dar resposta ás diferentes necesidades dos clientes, Vagalume mantén acordos con máis de 40 fabricantes que producen os dispositivos necesarios para levar a cabo o proxecto que a empresa situada en Santiago considera máis axeitado para cada un dos seus clientes.
“Non nos especializamos xa que temos solucións para calquera tipo de empresa”
Entre os que recorreron aos servizos de Vagalume se atopan concellos, gasolineiras, hoteis ou supermercados. “En Galicia temos un mercado moi amplo porque hai moitas necesidades por exemplo no sector primario. No ano 2014 centrámonos moito nas solucións a través da biomasa pero a caída dos prezos dos carburante fixo que no último ano tamén se apostara por outro tipo de proxectos. Somos moi pioneiros en Galicia no campo de solucións enerxéticas a través de renovables e de autoconsumo”, indica Díaz.
A empresa participou xa nalgún proxecto de I+D e ten previsto implicarse participar noutro que desenvolverase o ano que ven, en colaboración con outras empresas. O seu traballo non se limita a Galicia xa que teñen clientes noutras partes de España e Díaz apunta que non faltará traballo nos próximos anos xa que hai moitísimas empresas que necesitan aforrar enerxía, nun escenario no que a redución de custos é imprescindible para a supervivencia.