Xoves 2 Maio 2024

10 anos de Imatia

En xullo do ano 2005, por iniciativa do docente e investigador do Departamento de Enxeñaría de Sistemas de Automática Fernando Vázquez, nacía Imatia, a segunda spin-off da Universidade de Vigo. Transcorrida unha década da súa creación, esta empresa, centrada no desenvolvemento rápido de software e que na actualidade emprega a preto de 60 persoas, celebrou este mediodía nas súas instalacións de Citexvi os seus primeiros dez anos de existencia.
“Traballando cóbado con cóbado coa Universidade demostramos que unha empresa pode saír dunha institución académica, que pode ser motor de innovación e xeración de emprego”, asegurou Fernando Vázquez na súa intervención ante empregados, clientes e autoridades. O director de Imatia non obviou as dificultades experimentadas nunha época de crise, que non obstante “nos fixo máis fortes e maduros”, asegurou Fernando Vázquez, que animou á comunidade universitaria a emprender, tal e como el fixo hai agora unha década.

A empresa, que da empleo a 60 persoas, foi creada polo seu actual director, Fernando Vázquez

Nun acto no que tamén tomaron a palabra a delegada do Estado na Zona Franca, Teresa Pedrosa e o tenente de alcalde do Concello de Vigo, David Regades, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato gabou a traxectoria dunha empresa “sólida, solvente e internacional” e destacou o papel da institución académica como xeradora de iniciativa empresarial. “Temos que xerar cultura da transferencia e debemos ser xenerosos desde a institución, compartindo o noso talento, que nos permite xerar ata 800 postos de traballo directos e moitos máis indirectos”, sinalou Mato, que se referiu a Imatia como “unha realidade tanxible do camiño que teñen que percorrer as universidades no século XXI”.
Pola súa banda, Teresa Pedrosa felicitou a Imatia por este aniversario e tras lembrar as iniciativas que a institución que representa ten a disposición dos e das emprendedoras, como VíaVigo, agradeceu que a Universidade “entenda a importancia da transferencia”, ao tempo que asegurou que “apoiar o coñecemento é investir e non gastar”. Mentres, o tenente de alcalde do Concello de Vigo, David Regades, lembrou a colaboración desta institución con Imatia para desenvolver a administración virtual, sinónimo dixo de “modernidade, aforro e transparencia”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cine familiar, a resistencia cultural das vilas galegas

Santiago Díaz e Concha Candán son propietarios do Cine Avenida en Caldas de Reis, a primeira multisala dun concello galego de menos de 10.000 habitantes

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

▪️ Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: "Probablemente xa estea en Galicia"

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala