Explicación: as pegadas levan a un pequeno robot pousado preto do cumio deste pequeno mundo brillante. Naturalmente, o mundo é en realidade a Lúa. O robot é o todoterreo Yutu, do tamaño dun escritorio, deixado pola nave Chang’e 3 despois do descenso de mediados de decembro de 2013 no setentrional Mare Imbrium. A proxección do pequeno planeta é un mosaico de imaxes da cámara sobre o terreo encaixadas dixitalmente que cobren unha extensión de 360 por 180 graos. Ao final da súa viaxe duns 100 metros, o Yutu chegou a unha parada en xaneiro de 2014. Os instrumentos do aterrador aínda está a funcionar, despois de máis de dous anos sobre a superficie lunar. Namentres, aquí está dispoñible unha versión panorámica interactiva deste pequeno planeta.