Yutu nun pequeno mundo

Créditos da imaxe: Academia Chinesa das Ciencias, Chinese National Space Administration, Emily Lakdawalla (Planetary Society) – Encaixado por: Andrew Bodrov
Créditos da imaxe: Academia Chinesa das Ciencias, Chinese National Space Administration, Emily Lakdawalla (Planetary Society) – Encaixado por: Andrew Bodrov

Explicación: as pegadas levan a un pequeno robot pousado preto do cumio deste pequeno mundo brillante. Naturalmente, o mundo é en realidade a Lúa. O robot é o todoterreo Yutu, do tamaño dun escritorio, deixado pola nave Chang’e 3 despois do descenso de mediados de decembro de 2013 no setentrional Mare Imbrium. A proxección do pequeno planeta é un mosaico de imaxes da cámara sobre o terreo encaixadas dixitalmente que cobren unha extensión de 360 por 180 graos. Ao final da súa viaxe duns 100 metros, o Yutu chegou a unha parada en xaneiro de 2014. Os instrumentos do aterrador aínda está a funcionar, despois de máis de dous anos sobre a superficie lunar. Namentres, aquí está dispoñible unha versión panorámica interactiva deste pequeno planeta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo