Que é o branqueamento dental? Son os dentes realmente brancos? Como é o procedemento para branquear os dentes? Que materiais se usan para branquear os dentes? Neste novo vídeo Dentalk da Clínica Médico Dental Pardiñas trataremos de resolver estas e moitas outras dúbidas.
Os dentes son realmente brancos?
O branqueamento dental externo é actualmente un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores. Aínda que se chama externo, o que se branquea é a dentina. A coroa do dente na súa estrutura está formada por esmalte (parte máis externa), dentina (capa intermedia) e pulpa dental (estrutura interna). O esmalte non ten cor, é traslúcido como o cristal. A dentina é a que realmente dá a cor ao dente.
Precísase anestesia?
O branqueamento dental externo farase sen anestesia para poder percibir as sensibilidades, xa que é en realidade o dente é o que nos vai a indicar ata onde podemos branquear, de nada nos vale ter un dente branquísimo se nos queda hipersensible. Se durante o procedemento as sensibilidades son moitas, haberá que parar e seguir noutra sesión, ou parar aí definitivamente o tratamento porque o dente non nos permite ir máis lonxe.
Son necesarios os analxésicos?
Ao finalizar o tratamento e ao día seguinte os dentes poden e adoitan quedar lixeiramente sensibles así como a enxiva circundante, mesmo en ocasións pode requirir a toma de analxésicos o día do tratamento, pero habemos de dicir que estas molestias, de habelas, serán pasaxeiras e de intensidade baixa se se seguen os protocolos correctos.
- Máis información sobre branqueamiento 👉 https://bit.ly/branqueamientoCP
- Para ver outros vídeos relacionados co branqueamiento dental preme nesta ligazón
- Máis vídeos de Dentalk aquí 👉 https://bit.ly/dentalkGA
- Dentalk é un proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas no que respondemos as vosas consultas sobre saúde bucodental. Animámosvos a subscribirvos á canle e deixar os vosos comentarios👉 http://bit.ly/suscribetecp
Séguenos tamén en:
- Instagram: https://www.instagram.com/clinicapard…
- Facebook: https://www.facebook.com/clinicapardinas
- Twitter: https://twitter.com/ClinicaPardinas
- Linkedin: https://www.linkedin.com/company/clin…
- Tiktok: https://www.tiktok.com/@clinicapardinas/
- Pinterest: https://www.pinterest.es/clinicapardinas














