Venres 29 Marzo 2024

María José Alonso ingresa no American Institute of Medical Engineering

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso acaba de incorporarase ao ‘College of Fellows’ do American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE) de Estados Unidos, no transcurso do Evento Anual desta sociedade. O AIMBE recoñece a clínicos, profesionais da industria, científicos/as e académicos/as que se teñan distinguido polas súas achegas á mellora da saúde da sociedade a través da innovación. Este recoñecemento da traxectoria do grupo que dirixe a profesora Alonso súmase, entre outros, ao tamén recoñecido recentemente coa incorporación da docente á Academia Nacional de Medicina estadounidense.

Foto de familia dos membros da AIMBE.
Foto de familia dos membros da AIMBE.

O American Institute for Medical and Biological Engineering reflicte o importante papel das investigadoras españolas na vangarda da enxeñaría biomédica, xa que outras dúas científicas pertencentes a institucións académicas de España figuran como membros do seu prestixioso College of Fellows: Laura María Roa, da Universidade de Sevilla; María Vallet-Regí, da Complutense de Madrid; e agora María José Alonso, da USC.

Publicidade

Traxectoria investigadora
O laboratorio da profesora Alonso é pioneiro en España no campo da nanotecnoloxía farmacéutica e é un dos máis prestixiosos neste ámbito  a nivel internacional. A calidade dos seus traballaos científicos (235 publicacións con máis de 12.000 citas e un índice h de 65), permitíronlle alcanzar o noveno posto no ránking internacional Times Higher Education. Ademais é a investigadora española máis influínte na área de Farmacia e Farmacoloxía, segundo o ránking do índice h.

Froito do seu traballo son as 19 familias de patentes rexistradas así como a participación en numerosos consorcios de investigación internacionais financiados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), a Fundación Gates e a Comisión Europea. Actualmente, participa en cinco proxectos europeos e coordina o consorcio europeo TRANS-INT.

Entre 2006 e 2010 foi vicerreitora de Investigación da USC e exerceu como asesora do Ministerio de Ciencia e Innovación para a elaboración da lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación de 2011, ademais de ter formado parte do consello asesora do Ministerio de Sanidade. Tamén desempeñou cargos de responsabilidade en varias sociedades científicas e actualmente está á fronte da Secretaría da Controlled Release Society (CRS), sociedade líder a nivel mundial na promoción do avance na ciencia e tecnoloxía aplicada á área da liberación controlada de fármacos. Forma parte do consello editorial das 12 revistas científicas máis importantes do seu ámbito.

O laboratorio de Alonso é pioneiro en España na nanotecnoloxía farmacéutica

Ao longo da súa carreira foi merecedora de numerosos premios entre os que destacan o Jaume I de Novas Tecnoloxías, o Marie-Janot, o Nóvoa Santos e o premio María Josefa Wonenburguer. Ademais da súa pertenza á Academia de Medicina de Estados Unidos, a profesora da USC tamén é membro de tres academias en España: A Real Academia Nacional de Farmacia, a Academia de Farmacia de Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias.

AIMBE
O Instituto Americano de Enxeñaría Médica e Biolóxica de Estados Unidos, fundado en 1991, ten como misión proporcionar liderado na enxeñaría médica e biolóxica para o beneficio da sociedade. É unha organización sen ánimo de lucro con sede en Washington que representa a profesionais e investigadores da enxeñaría médica e biolóxica, ademais de a institucións académicas, a industria privada e a sociedades profesionais.

O colexio de membros, do que agora forma parte a profesora Alonso, componse de 1.500 personalidades destacadas do campo biomédico entre expertos/as en áreas como a práctica clínica, industrial e a educación, así como do entorno académico, da industria ou do goberno. La elección de novos integrantes parte dunha nominación por parte dun dos membros e, tras a revisión dos méritos e achegas, sométese a votación da maioría do Colexio. Tras esa aprobación, adquírese a condición de membro de por vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social