Venres 29 Marzo 2024

A USC inicia un estudo psicosocial pioneiro sobre os nenos e nenas galegos

A Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta da USC (Udipre) inicia estas semanas un novo proxecto destinado a examinar o desenvolvemento psicosocial dos nenos desde os primeiros anos de escolarización. Nel colaboran investigadores de diferentes universidades europeas para coordinar esforzos na comprensión do desenvolvemento persoal e social desde a nenez e ao longo do tempo.

Udipre ten unha ampla experiencia no estudo das dificultades condutuais ao longo da infancia e da adolescencia. Hai uns meses remataba un estudo lonxitudinal de 12 anos de duración que examinaba diversos aspectos do desenvolvemento desde os 6-8 anos ata os 18-20. Este traballo permitiu identificar factores (familiares, persoais) que predín un desenvolvemento máis desfavorable así como  deseñar e avaliar o programa EmPeCemos, unha alternativa de intervención dirixida a pais/nais, mestres/as e nenos/as de educación primaria, que foi implementado en 25 centros de Galicia.

Publicidade

Estudarán o desenvolvemento emocional e condutual de nenos de entre 3 e 5 anos

Consciente da importancia que presenta o desenvolvemento emocional e condutual dos nenos desde idades máis temperás, o grupo inicia agora outro que pretende afondar na súa evolución desde a etapa da educación infantil. O proxecto recibe o nome de Elisa (Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable) e vaise levar a cabo nos vindeiros anos (2016-2019) co financiamento do ‘Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación orientada a los Retos de la Sociedad’ (Ministerio de Economía e Competitividade) baixo a dirección de Estrella Romero e Paula Villar, do equipo UDIPRE.

Elisa propón realizar unha investigación lonxitudinal a grande escala, que incorpore entre 2.000 e 3.000 nenos de entre 3 e 5 anos da poboación xeral galega, escolarizados en centros educativos de diversas zonas urbanas, rurais e semirurais de Galicia. O estudo, pioneiro en Galicia, permitirá seguir a liña doutros internacionais, tomando particularmente como referencia o SOFIA (Social and Physical Development, Interventions and Adaptation), desenvolvido desde 2010 na Universidade de Örebro (Suecia). Precisamente estes días o grupo da USC recibiu a Henrik Andershed, desa Universidade sueca, e a Olivier Colins, da de Leiden (Holanda), colaboradores do traballo, co fin de compartir as súas experiencias e discutir os últimos detalles na posta en marcha do proxecto.

Poderán detectar procesos de vulnerabilidade e protección ante as dificultades

No noso contexto, o estudo ELISA prestará especial atención á diversidade de perfís e traxectorias que se poden identificar nos nenos. Seguíndoos ao longo de varios anos poderase profundar na heteroxeneidade que se produce na evolución persoal e social e así identificar diferentes tipos e niveis de risco no seu desenvolvemento persoal.

Os estudos lonxitudinais son traballos de moi alto valor para detectar procesos de vulnerabilidade e protección para as dificultades emocionais e sociais. Os problemas de axuste condutual na escola e na familia son un dos focos de atención máis relevantes no ámbito da educación, os servizos sociais e a saúde mental, “e son unha das razóns polas que más frecuentemente as familias buscan intervención profesional”, explica Estrella Romero. O fin último do proxecto Elisa é, precisamente, o deseño de intervencións axustadas ás necesidades específicas dos nenos que presentan un maior risco. A intervención a idades temperás, adaptada aos perfís psicosociais dos rapaces, “permitirá mellorar a eficacia da prevención e promover un desenvolvemento saudable ao longo do seu crecemento”, engade.

O estudo Elisa conta ata a o momento coa implicación de 50 centros educativos en diferentes áreas de Galicia. Este mes novas escolas serán convidadas a participar nun proxecto que trata de ofrecer á sociedade estratexias de prevención ben afinadas e cientificamente validadas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Problemas de sono e TDAH: como se relacionan estes dous trastornos?

O trastorno por déficit de atención e hiperactividade e os problemas para durmir son alteracións frecuentes na infancia que parecen retroalimentarse

A exposición a plastificantes no embarazo asóciase con menor cociente intelectual na infancia

Unha investigación achega novas evidencias sobre os posibles efectos no desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas de 10 anos

A sobreexposición dixital dos nenos en verán provoca ansiedade e trastornos do sono

Máis do 16% dos cativos de 10 anos xa utilizan dispositivos electrónicos diariamente, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE)

A exposición fetal e posnatal ao tabaco aumenta a tensión arterial durante a infancia

Dous estudos da USC e da Universidade de Brown conclúen que o fume ambiental está vinculado cun incremento na graxa visceral