O primeiro asentamento de Galicia estaba no Porriño

Un equipo da Universidade de Vigo resolve a cronoloxía do lugar, que xa tiña sospeitas de que era o xacemento máis antigo do país

Porriño foi o fogar dos primeiros galegos. É o coñecido xacemento das Gándaras de Budiño (Porriño), o que demostra que as datacións anteriores eran incorrectas, xa que os primeiros pobladores viviron neste municipio hai máis de 300.000 anos de antigüidade e non fai 25.000 ou 15.000 como afirmaba a cronoloxía precedente. Así acaba de confirmalo un estudo presentado polo arquéologo da Universidade de Vigo Eduardo Méndez Quintas. Gándaras de Budiño foi o primeiro enclave do Paleolítico en ser identificado e escavado no país por Emiliano Aguirre en 1963, converténdose nun xacemento de referencia a nivel internacional.

Era algo que os investigadores sospeitaban. O obxectivo principal era resolver a orixe do asentamento, para o que empregaron mostras xeolóxicas para a realización de datacións de luminiscencia opticamente estimulada (OSL) sobre os sedimentos. “Podemos dicir que As Gándaras de Budiño ten o xacemento con presencia humana máis antigo de Galicia”, explicou Eduardo Méndez Quintas, que presentou o pasado mércores as conclusións da investigación xunto co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.

Publicidade

“Os resultados deste estudo son de vital importancia a nivel nacional e internacional, xa que non só mudan o coñecemento que temos sobre a historia do Porriño, senón que reescriben a prehistoria de Galicia”, alegou o edil. A investigación tamén foi liderada por Manuel Santoja, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). Na última campaña escavouse un área de 30 metros cadrados, o que permitiu obter información sobre a formación dos depósitos xeolóxicos e sobre as densas acumulacións de ferramentas líticas do lugar.

En total, recuperáronse máis de mil artefactos líticos, “entre os que destacan abundantes exemplos de bifaces e outras pezas características das industrias de tipo achelense“, explicou Méndez. A equivocación co datamento do lugar “xerou a ida de que no noroeste da Península existía un Paleolítico atípico e anacrónico con respecto ao que sucedía no resto do suroeste de Europa. Isto supuxo un argumento para defender a idea do atraso secular de Galicia, o cal xa arrancaba no Paleolítico”.

Publicidade

Os investigadores comunicaron que en xullo se retomarán os traballos: “Intentarase agotar o depósito con restos arqueolóxicos ata chegar ás capas datadas en máis de 300.000 anos para coñecelas con maior precisión. Ocuparán unhas tres semanas de traballo de campo coa participación dunha quincena de persoas, incluídos os estudantes da Universidade de Vigo, doutras universidades galegas e centros universitarios de Europa“.

1 comentario

  1. Creo que o título do artigo non debería de ser tan categórico. “Que se sepa”, “segundo os últimos estudos” no Porriño había asentamentos de Homo ssp. Dende fai 330Ka BP. (Supoño que de pre-neandertáis, pola industria lítica asociada e os paralelismos cronolóxicos no resto peninsular). Pero iso non quita que en Outeiro de Rei (por poñer un exemplo) ou en Cuspidriños de Arriba xa os houbese fai 400 ou 350 Ka BP. Digo eu, vaia!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os primeiros sapoconchos regresan ás Gándaras de Budiño tras a restauración do humidal

Os traballos ambientais realizados neste espazo protexido favorecen a conservación da fauna acuática ameazada

Achan a evidencia máis antiga de fauna glacial na península ibérica

Un dente fósil de reno demostra que estes animais vivían en Atapuerca fai máis de 200.000 anos xunto a seres humanos primitivos, atraídos cara a esta zona de Eurasia polas glaciacións sobre o clima

Localizado un novo complexo residencial de hai 1.500 anos en Valencia do Sil

A área descuberta ten preto de 200 m2, está composta de cinco estancias e puido ser un taller de ferramentas de ferro e cobre

O castro do Castelo dos Mouros, en Ons, estivo densamente poboado durante nove séculos

Unha nova campaña arqueolóxica afonda no coñecemento sobre os asentamentos na illa entre a época castrexa e a romana