Gráfico coa lonxevidade en homes en Europa, segundo o estudo agora publicado.

Gráfico coa lonxevidade en homes en Europa, segundo o estudo agora publicado.

Por que os galegos son tan lonxevos?


Cando un galego nace, ten unha esperanza de vida de 83,04 anos; 79,5 no caso dos homes e 85,91 nas mulleres. Son unhas cifras semellantes a outras rexións do centro e o norte da península Ibérica, como Aragón, Castela e León, A Rioxa, Navarra ou Madrid. De feito, España, xunto a Xapón, é o único país da OCDE que supera os 83 anos de media de vida, unha ‘elite’ de lonxevos á que se sumou recentemente o noso país, tras subir medio ano respecto ao 2013.

E cales son os motivos? Nin os científicos que investigan os factores que inflúen na lonxevidade son capaces de poñerse de acordo. O PIB per cápita, aínda que importante, non resulta determinante, xa que zonas máis desenvolvidas, como Escandinavia, os Países Baixos ou o Reino Unido teñen taxas sensiblemente inferiores ás galegas. As diferenzas son notables dentro dos mesmos estados. Así, Andalucía está no furgón de cola en canto a lonxevos.

Ademais, semella que a lonxevidade non está ligada ao Produto Interior Bruto dunha rexión. Segundo un estudo publicado na revista Journal of Epidemiology & Community Health, os habitantes do norte de España, o nordeste de Italia, e o sur e o oeste de Francia viven ata unha idade moi avanzada. Ao mesmo tempo, en parte dos Países Baixos, Escandinavia ou Reino Unido a supervivencia na vellez atópase por baixo da media europea.

Unha das posibilidades que se manexa é o benévolo clima atlántico e a dieta atlántica, rica en proteínas e verduras e baseada na cocción dos alimentos, sen apenas aditivos, como método para preparar os alimentos. Tamén se baralla a notable actividade física que as persoas que viven no rural realizan ata ben entrada a vellez, debido ás tarefas gandeiras e agrícolas. Outro dos factores é a forte vinculación familiar da sociedade galega, que establece unha rede de axuda aos seus maiores que non é tan frecuente noutros lugares.

Do mesmo xeito, Galicia destaca tamén polo seu elevado número de centenarios. Segundo o censo de 2016, a nosa rexión tiña 1.165 persoas con máis de cen anos, unha décima parte do total de España. Delas, 227 eran homes e 939 mulleres. Así, en Galicia había máis centenarios que en Andalucía, con máis do triple de habitantes, e un terzo máis que a Comunidade Valenciana, que ten case o dobre de poboación.

logo_MEIC_FECYT_Web

 

4 respostas a “Por que os galegos son tan lonxevos?”

  1. Voy ha cumplir 86 años el próximo 9 de diciembre, me encuentro bastante bien, acudo ha un centro de mayores y desarrollo actividades: pacticar francés, estudiar inglés, escribir relatos y leer libros.

  2. Alarico

    É debido ao consumo do polbo e o vinho de barrantes que xunti cos celtas cortos, fan unha vida adorable.
    Menos mal que temos o argón pra matarnos.
    Apertas

  3. Gondisalvo

    La cuestión es la calidad de vida. No me gustaría llegar a los 85 (ya ni comento unos años antes) con mala calidad de vida… alzheimer, parkinson avanzado o dependiente total. Sinceramente, preferiría morirme antes. Partidario de la eutanasia, claro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.