Vigo acolle o 7º Congreso Internacional da Sociedade de Enxeñería de Fabricación

A cidade de Vigo converterase entre os días 28 ao 30 de xuño na capital internacional da Enxeñaría de Fabricación con motivo da celebración do 7º Congreso Internacional da Sociedade de Enxeñería de Fabricación, MESIC2017, organizado pola Universidade de Vigo, a Asociación de Industriais Metalúxicos de Galicia (Asime) e o Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Profesionais e persoal investigador e docente de case unha vintena de países tomarán parte no congreso que foi presentado no Concello de Vigo e que, xunto a Deputación de Pontevedra, colabora na organización do evento no que se afondará, en palabras do catedrático do Departamento de Deseño da Enxeñería da Universidade de Vigo e coordinador do simposio, Enrique Ares, “no proceso de transformación do coñecemento a través da fabricación 4.0”.

Publicidade

Con máis de 400 participantes rexistrados, o congreso contará cun panel de poñentes do que forman parte algúns dos especialistas máis relevantes do mundo no ámbito da enxeñaría da fabricación, como Scott Smith da University of North Carolina, Agostino Villa do Politécnico de Torino, Benny Tjahjono da Cranfield School of Management de Reino Unido, Genserik Reiner da University of Antwerp, Guido Tosello da University of Denmark, Steven Schimd da University of Notre Dame de USA e Stephen Newman da University of Bath.

O congreso chegará a finais de xuño a Vigo tras pasar por Calatayud, Madrid, Alcoy, Cádiz, Zaragoza e Barcelona. Os profesionais do sector terán ocasión de presentar os resultados dos seus traballos de investigación e desenvolvemento sobre campos da fabricación, como os avances e innovacións en procesos de fabricación, tendencias nos sistemas de fabricación, tecnoloxías asistidas para o apoio da enxeñaría da fabricación ou a fábrica do futuro e industria 4.0.

Publicidade

Os traballos aceptados e rexistrados serán divulgados no libro de actos e en Procedia Manufacturing, publicación indexada en Scopus, despois da revisión por pares. Ademais das conferencias plenarias, que permitirán achegar aos asistentes unha visión da evolución e os avances na investigación en procesos e tecnoloxías de fabricación, o congreso acollerá a celebración do 3º Cumio Industrial 4.0, no que se abordarán cuestións como a loxística 4.0 ou as novas tecnoloxías, e unha xornada sobre a situación actual da industria aeronáutica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

O poder oculto das raíces da alfábega

O proxecto AGRI-RESVAL, no que participan a UVigo, Néboda Farms e FEUGA, investiga o potencial dos residuos da agricultura para atrasar a oxidación dos conxelados

Como protexer os peixes fronte aos contaminantes dos pensos acuícolas? Así o estudan dende a UVigo

O proxecto Toxi-Feed analiza os efectos na troita arco da vella e avalía solucións baseadas en aminoácidos para preservar o seu benestar e mellorar a produción