Santiago lidera a primeira rede de avaliación de servizos ambientais costeiros en Iberoamérica

s océanos provén diferentes bens e servizos de aprovisionamento, regulación do clima, soporte e culturais. Os países de América Latina e o Caribe concentran máis do 40% da biodiversidade da Terra e posúen unha das áreas bioloxicamente máis diversas do mundo, incluíndo os servizos dos ecosistemas mariño-costeiros. Estes servizos en Iberoamérica son altamente diversos (estuarios, arrecifes de coral, etc.) baixo a presión antropoxénica de múltiples usos como a pesca artesanal, industrial, acuicultura e actividades recreativas.

A maior parte dos estudos existentes céntranse sobre todo na análise de marcos conceptuais e na provisión de alimentos, ignorando as posibles sinerxías e conflitos entre os diferentes servizos ecosistémicos mariño-costeiros. Na pasada reunión da Asemblea Xeral de CYTED que tivo lugar en Bogotá (Colombia), seleccionáronse 15 redes temáticas para ser financiadas por un máximo de catro anos, entre elas a Rede ECOMAR (Avaliación e Monitoreo dos Servizos Ecosistémicos mariño-costeiros en Iberoamérica), que constitúe a primeira iniciativa en identificar, seleccionar e desenvolver protocolos de operacionalización deses servizos, centrándose nos hábitats e actividades humanas claves en cada un dos casos de estudo. Esta proposta cubrirá un importante baleiro xeográfico na medida en que só o 5% dos estudos dos mencionados servizos a nivel global se centraron en Iberoamérica, e habitualmente foron desenvolvidos por investigadores externos.

Publicidade

A rede ECOMAR está coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante

O obxectivo xeral da Rede ECOMAR, que coordinará o profesor da USC Sebastián Villasante, consiste en promover a investigación e a cooperación científica e técnica relacionada coas áreas naturais protexidas que permitan mellorar a súa xestión así como a xeración de alianzas estratéxicas e mecanismos de coordinación e divulgación de modelos de éxito baseados na avaliación de servizos ecosistémicos mariño-costeiros.

O intercambio de coñecemento científico centrarase en promover a avaliación biofísica, socioeconómica e cultural incorporando o entorno das áreas naturais protexidas, con especial atención ao coñecemento tradicional dos usuarios dos recursos comúns. A rede, que conta con financiamento ata 2020, ten un elevado contido multidisciplinar e nela participan investigadores de diferentes ámbitos do coñecemento como a antropoloxía, bioloxía, ecoloxía e a economía das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e de especialistas, representantes de ONGs, administracións e a industria no Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú, Portugal e Venezuela.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A demanda do mexillón en España deixa pegada de carbono: o 54% concéntrase na elaboración de conservas

Un estudo estatal indica que a produción en escabeche implica un consumo elevado de enerxía e materiais

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas