Venres 19 Abril 2024

O reitor da USC, Juan Viaño, incorpórase a “A Árbore das Matemáticas”

A Galería de Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía “A Árbore das Matemáticas”, Arbolmat, incorporou 29 novos perfís, entre os que se encontra o reitor da USC, Juan Viaño.

Xunto ao reitor entraron, entre outros, a catedrática da Universidade de Bos Aires, Alicia Dickenstein; a directora de investigación do Ceremade na Universidade París-Dauphine e presidenta do International Council for Industrial and Applied Mathematics (ICIAM), María Jesús Esteban; a catedrática da Universidade de Zaragoza e medalla RSME en 2016, María Teresa Lozano; o reitor da Universidade de Salamanca, Daniel Hernández-Ruipérez; o político e economista, Andreu Mas-Colell; ou o investigador e premio nacional, Enrique Zuazua. Ademais, foron homenaxeados o ex presidente da Real Sociedade Matemática Española (RSME), Antonio Campillo, e o catedrático da Universidade de Sevilla, historiador e divulgador da disciplina, Antonio Durán.

Publicidade

Os novos perfís foron presentados nun acto conxunto ao que asistiron o presidente da RSME, Francisco Marcellán; a directora xeral de Universia España, Susana García Espinel; o reitor da Complutense, Carlos Andradas; o director da FECYT, Ignacio Fernández de Vera; o coordinador de Arbolmat, Sebastiá Xambó; e o presidente da Sección Exactas da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Jesús Sanz Serna, entre outros.

A lista está chea de persoas destacadas pola súa relevancia investigadora en España, Portugal e Latinoamérica. Súmanse así á lista dos 39 perfís publicados ata a data no marco desta iniciativa conxunta da RSME e Universia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Antonio López toma posesión como novo reitor da USC

O salón Nobre de Fonseca acolleu o acto protocolario no que o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario asume o mando da universidade

Estalmat avaliou o talento matemático de 362 estudantes

Centos de rapaces e rapazas de 12 e 13 anos presentáronse á 12ª convocatoria do certame, que impulsa a Facultade de Matemáticas da USC

Pilar Bermejo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A catedrática de Química Analítica subliñou no seu discurso a importancia dos metais á hora de abordar cuestións de nutrición e saúde

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías recibe a acreditación de Excelencia

O centro da Universidade de Santiago obtén 2 millóns de euros de financiamento e oito contratos predoutorais