Premio para Andrea Ugolini pola súa tese sobre crise e mercados financeiros

O doutorando pola USC Andrea Ugolini foi o gañador do accésit nos premios que entrega anualmente a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (UCEIF) financiada polo Banco Santander. O galardón recoñece a súa tese de doutoramento ‘Modeling Systemic Risk In Financial Markets’ na que, dirixida polo profesor da USC Juan Carlos Reboredo, estuda o risco sistémico entre mercados financeiros, cuantificando os efectos que xeran situacións de risco extremo nun mercado sobre outros mercados financeiros.

Andrea Ugolini, procedente de Italia, foi alumno do Máster en Economía: Organización industrial e mercados financeiros da USC, onde posteriormente iniciou os seus estudos de doutoramento que finalizaron en novembro de 2014 coa lectura da tese premiada.

Publicidade

O traballo comeza cunha revisión das diferentes medidas existentes na literatura para cuantificar o risco sistémico e continúa co estudo deste xerado polas principais institucións financeiras españolas en torno á recente crise global e a europea da débeda soberana. Da investigación, Ugolini constatou que ese risco se incrementou cando xurdiu a crise financeira e, nun grao menor, arredor do momento no que emerxe a crise europea da débeda.

A tese analiza o impacto da crise na débeda soberana en Europa

O investigador comprobou ademais que dado que os mercados europeos de débeda soberana estaban acoplados o risco era similar para todos os países antes da crise da débeda. “Mais co inicio da crise grega –explica– os mercados de débeda se desacoplaron, e curiosamente o risco sistémico dos países en crise, excepto España, sobre os restantes mercados diminuíu mentres que, pola contra, aumentou levemente naqueles países que non estiveron inmersos na crise”.

Publicidade

A tese finaliza co estudo do impacto sistémico da crise financeira no mercado de débeda soberana en Europa sobre os sistemas financeiros europeos, considerando de modo particular o escenario dun posible impago da débeda grega. Dese análise o traballo conclúe que antes da crise a débeda soberana xeraba un risco sistémico positivo para os sistemas financeiros nacionais de toda Europa, pero tras o inicio dos problemas en Grecia o impacto sistémico desa débeda cambiou radicalmente para países como Grecia, Italia e Portugal, mentres que se mantivo estable ou reducido para outros países.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía