Premiado un investigador da USC por un estudo sobre conservantes en alimentación e cosmética

O traballo de Gerardo Álvarez Rivera realizado dentro do grupo LIDSA da USC sobre o comportamento fotoquímico dos conservantes de produtos de consumo e coidado persoal recibiu esta semana o premio Roland W. Frei da IAEAC (International Association of Environmental Analytical Chemistry) no marco do encontro internacional Pesticides 2016 que se desenvolveu esta semana en Medicina.

Gerardo Álvarez recibe o premio.
Gerardo Álvarez recibe o premio.

Pesticides 2016 reuniu participantes na 9ª Conferencia Europea sobre pesticidas e microcontaminantres orgánicos xunto co 15º simposio sobre a química e o destino medioambiental dos novos pesticidas.  O congreso, organizado polo INGACAL-CIAM en colaboración co grupo de investigación LIDSA da Facultade de Química integrado na Agrupación estratéxica CRETUS, convocou douscentos investigadores de mais de 30 países de todos os continentes.

Publicidade

Ao longo das sesións tratouse a problemática actual dos pesticidas e microcontaminantes orgánicos emerxentes así como os últimos avances en instrumentación analítica para o seu control nos ámbitos medioambiental e alimentario. Xa en temas concretos, avanzouse na problemática derivada do uso dos campos de céspede artificial preparados a partir de triturado de neumáticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía