Os pequenos talentos matemáticos despídense en Santiago do programa Estalmat Pi

As oito nenas e 16 nenos que este ano participaron en ESTALMAT PI, un programa anual dirixido a quen rematou os dous primeiros cursos da iniciativa de estímulo do talento matemático ESTALMAT-Galicia, celebraron este sábado o seu acto de despedida na Facultade de Matemáticas.

Seleccionados entre moitos candidatos de toda Galicia polas súas aptitudes matemáticas avanzadas, os e as integrantes da promoción de Estalmat PI asistiron durante doce sesións ás actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento logo de xa ter participado nos dous cursos do programa Estalmat. Os encontros tiveron lugar nas mañás dos sábados na Facultade de Matemáticas e eran titorizados por un equipo de máis de 45 docentes de recoñecida competencia e especialmente formados para este cometido.

Publicidade

O adeus da promoción de 2014 de ESTALMAT PI, que serviu ademais como clausura do curso 2016-17, estivo presidido polo reitor e presidente de Estalmat-Galicia, Juan Viaño, que pronunciou xunto coa coordinadora xeral de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón, a conferencia ‘As matemáticas como profesión hoxe’. Entre outras cousas, no relatorio achegaron breves biografías de mulleres referentes nas matemáticas, aproveitando que o 11 de febreiro se celebraba o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Na despedida dos 24 participantes, que estiveron acompañados das súas familias, participaron tamén a coordinadora académica e secretaria de Estalmat-Galicia, Marina Germiñás Miguens; Enrique de la Torre Fernández en representación de AGAPEMA; e a presidenta de SGAPEIO, Esther López Vizcaíno.

Publicidade

Décimo aniversario
ESTALMAT-Galicia realizará este ano unha serie de encontros con todo o equipo docente, técnico e egresados e egresadas con motivo das xa súas dez edicións. O proxecto está avalado cientificamente pola Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e o CSIC e conta con financiamento das Deputacións da Coruña e Lugo, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil

Por que algúns nenos teñen dificultades coas matemáticas (e non é por falta de esforzo)

Máis dunha cuarta parte dos nenos con obstáculos no eido científico durante a Educación Infantil continúa con eles ao finalizar a Educación Primaria
00:05:14

Mulleres e matemáticas: cando as orlas desminten un mito de xénero moi estendido

Unha mirada ás promocións históricas da USC revelan a presenza e influencia feminina nunha disciplina tradicionalmente considerada masculina

A galega Elena Vázquez Cendón ingresa na Real Academia de Ciencias de España

A catedrática da USC, recoñecida polo seu labor en Matemática Industrial e pola promoción do talento científico entre a mocidade, ocupará a medalla 29 da institución