Martes 16 Abril 2024

O proxecto Aquaenvec, participado por Santiago, mellor iniciativa Life de medio ambiente

O proxecto LIFE+ Aquaenvec no que participa a Universidade de Santiago acaba de ser declarado como Mellor Proxecto LIFE+ de Medio Ambiente en 2015 pola súa análise da ecoeficiencia do sistema integral do ciclo urbano da auga que inclúe potabilización, rede de distribución e de sumidoiros e tratamentos das augas residuais.

Coordinado polo Centro Tecnolóxico CETAQUA, e coa participación ademais das Universidades Autónoma de Cataluña e de Valencia, en Galicia contouse tamén coa colaboración de VIAQUA. O traballo da USC no proxecto correu da man do Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos do Departamento de Enxeñaría Química liderado polos profesores Gumersindo Feijoo e María Teresa Moreira. Este equipo foi o encargado de estudar as cargas ambientais e os custes económicos da etapa de tratamento das augas residuais, así como de definir as accións de mellora que permitan atinxir a ecoeficiencia das tecnoloxías aplicadas na súa xestión.

Publicidade

De forma específica, no proxecto calculáronse os principais impactos ambientais (cambio climático, eutrofización, destrución de capa de ozono e demanda enerxética) e os custes asociados a cada unha das etapas do ciclo de vida da auga, que en conxunto permiten determinar a ecoeficiencia segundo a metodoloxía ISO 14045.

O proxecto desenvolveuse en cidades de Galicia e Cataluña

O proxecto desenvolveuse en diferentes cidades pequenas e medianas de Galicia e Cataluña, con Betanzos e Calafell como casos de estudo referentes que obtiveron a certificación na devandita norma ISO para os seus ciclos urbanos de auga, sendo os primeiros certificados emitidos en España por AENOR para esta normativa internacional. A selección destas cidades da rexión atlántica e mediterránea permitiu comparar zonas con diferenzas climáticas, de cantidade e calidade dos recursos hídricos e do uso da auga.

Como resultado da investigación creouse unha ferramenta libre en web (http://tool.life-aquaenvec.eu/en) para que as empresas do sector, concellos e consumidores teñan información para a toma de decisións que melloren a relación entre o impacto ambiental e o custe das actividades da xestión e explotación da auga.

O proxecto deu lugar á publicación de diversos artigos científicos en revistas internacionais de elevado índice de impacto nas categorías ‘Environmental Science’ e ‘Environmental Engineering’: Environmental Impact Assessment Review, Journal of Cleaner Production,Science of Total Environment e Water Research.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos