Máis de cen comunicacións na Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica

Máis de cen comunicacións na Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica

A décimo novena edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica (ECSOC 19), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación de Novas Metodoloxías Sintéticas da USC, integrado polos profesores do Departamento de Química Orgánica na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas e Pilar Vázquez Tato, recibiu xa 110 comunicacións de investigadores de todo o mundo, uns estudos que serán obxecto de debate e análise nos distintos foros virtuais que se desenvolverán durante o mes de novembro.
O catedrático do Departamento de Química Orgánica da USC e principal impulsor deste congreso ademais de presidente do comité científico do mesmo, Julio A. Seijas, subliñou a calidade das comunicacións que ano tras ano se presentan a debate e que logo permanecen accesibles en repositorios de referencia internacional. Asemade, logo de lembrar a calidade dos traballos está acreditada polo labor que desenvolven os membros do comité científico,  que analiza e supervisa cada unha das propostas recibidas antes da súa inclusión definitiva no congreso, Seijas remarcou que o esquema de desenvolvemento da ECSOC representa a arquitectura formal do que deberían ser os congresos científicos do século XXI.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Traballar co invisible: así crean no CINBIO moléculas para tratar o cancro

O grupo de investigación ORCHID estuda as capacidades de certas substancias presentes na natureza co obxectivo de detectar dianas terapéuticas e recrealas no seu laboratorio

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

O químico da USC Martín Fañanás, galardoado pola súa excelencia investigadora

O profesor do CiQUS recibe a Medalla José Barluenga pola súa traxectoria científica no campo da Química Orgánica