Venres 6 Decembro 2024

Láser, ventiladores, atrapanéboas ou calefacción, ideas contra a néboa na A8

Láser, ventiladores, atrapanéboas ou calefacción, ideas contra a néboa na A8

O Ministerio de Fomento xa ten 12 propuestas, doutras tantas empresas, para solucionar o problema das néboas na Autovía do Cantábrico (A8), que obrigan a cortar o vial cada certo tempo e que provocaron no 2014 un accidente múltiple que deixou un morto e trinta feridos. Raios infravermellos, láser, mallas atrapanéboas, calefacción no chan por enerxía xeotérmica… as propostas son tan variadas como imaxinativas. Fomento fixo público onte o seu ‘mapa de demanda temprana’ para este concurso de ideas, que pode consultarse na web do ministerio.
As ideas van da simple balización, con leds luminosos e sinais, ata sistemas para disipar a néboa como calefacción por infravermellos ou aspiradores, pasando por solucións máis definitivas, como construir un falso túnel que cubra os tramos máis peligrosos do trazado. O xornal Praza Pública publica hoxe unha completa nova sobre estas propostas.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luces LED, láser, difusores de néboa… As innovacións para o tramo do Fiouco na A-8

O Ministerio de Transportes comeza a construción dos prototipos para facer fronte aos constantes cortes de tráfico pola falta de visibilidade

Cousas que non vemos

A enxeñeira química Isabel Seca Vijande analiza os infravermellos neste artigo da súa bitácora en GCiencia 'Ciencia e Lilás'

A Gran Nube de Magallanes

Explicación: as nubes de po cósmico ondean por este retrato en...