Juan Lema, catedrático de Enxeñería Química da USC, doutor honoris causa en Chile

Juan Lema, catedrático de Enxeñería Química da USC, doutor honoris causa en Chile

O catedrático de Enxeñaría Química da USC Juan Lema Rodicio foi investido este luns doutor honoris causa pola Pontificia Universidade Católica de Valparaíso de Chile (PUCV) nun solemne acto ao que asistiu máis dun centenar de científicos procedentes de 15 países de Europa, Norteamérica, Latinoamérica e China.
“Faltan palabras para describir as múltiples habilidades e calidades do profesor Lema,  a súa relación e influencia con esta universidade e a importancia que tivo no desenvolvemento da Enxeñaría Bioquímica e Química en Chile”, precisou o director do Núcleo Biotecnoloxía Curauma da PUCV, Rolando Chamy, nun emotivo discurso que recolleu parte dos méritos do académico.
En efecto, desde  que en 1984 Juan Lema comezou as súas relacións con Chile liderou un proceso formativo integral de académicos “e actualmente son xa 15 os profesionais de sete universidades chilenas que obtiveron o doutoramento baixo a súa dirección na universidade compostelá. O profesor Chamy destacou tamén entre o bo facer do profesor Lema a creación e consolidación de tecnoloxías aplicadas e innovadoras, “das que é e foi permanente e entusiasta impulsor, obtendo ata a data numerosas e importantes patentes”.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía