Gabriela González, exportavoz do proxecto LIGO, ofrece unha charla en Santiago

A física arxentina impartirá este venres 8 na Facultade de Comunicación unha conferencia titulada "Einstein, buratos negros e ondas gravitacionais"

A física arxentina Gabriela González impartirá este venres 8 a conferencia “Einstein, buratos negros e ondas gravitacionais”, nunha sesión a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

A intervención de Gabriela González contará as particularidades e últimos achados arredor das ondas gravitacionais así como o futuro deste novo campo da astronomía. A investigadora arxentina tomou parte activa na colaboración internacional LIGO, que fixo posible estes avances, e foi recoñecida en 2016 como unha das científicas máis influíntes do mundo segundo a revista Nature.

Publicidade

Einstein xa predixera hai máis de cen anos a existencia destas ondas que viaxarían á velocidade da luz e que o espazo-tempo era dinámico. A conferencia rememorará como os dous observatorios LIGO en Estados Unidos detectaron en 2015 por vez primeira un sinal que atravesaba a Terra, causado polo “abrazo final de dous buratos negros que bailaran un tango hai máis de 1.300 millóns de anos”. Dende entón detectáronse varios sinais máis, incluíndo a colisión de dúas estrelas de neutróns, o que axuda a “entender a orixe dos metais pesados”.

A conferencia retransmitirase en streaming nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais