Extra

Setembro comeza con alerta por treboadas na meirande parte de Galicia

Todas as comarcas interiores estarán en nivel amarelo a partir das 15 horas e ata a medianoite, por previsións de tormentas eléctricas e choivas fortes

Os surtos de Covid-19 manteñen máis de 30 concellos en nivel alto ou máximo de restricións

Ordes e Monforte de Lemos, cunha notable transmisión, estarán en nivel máximo a partir do sábado, segundo acordou o comité clínico

Pode cambiar o mapa de restricións? Esta é a situación da Covid-19 en Galicia

Por primeira vez desde a entrada en vigor das novas restricións para conter esta última vaga de Covid-19 en Galicia, o comité clínico que...

Claves do novo modelo de restricións: así queda Galicia a partir do venres

As previsións do comité clínico advirten que, de manterse a transmisión actual, poderían multiplicarse os ingresos hospitalarios nas vindeiras semanas

A Xunta volve restrinxir os encontros sociais diante do crecemento da nova vaga da pandemia

O grupo de expertos que asesora á Xunta no seguimento da pandemia analizou o crecemento de casos de coronavirus das últimas semanas

Unha onda distinta, diferentes medidas? Así está medrando a transmisión en Galicia

O rápido aumento da transmisión do SARS-CoV-2 nas últimas semanas, a pesar do distinto perfil da poboación afectada nesta nova vaga, xa está a...

Nova onda de casos, hospitais en mínimos (por agora): claves dunha vaga moi distinta

Galicia volve superar o limiar dos 1.000 positivos diarios, pero o número de ingresos mantense estable e por baixo do 1% dos casos activos

A Xunta restablece restricións de reunión e eleva a alerta en 15 concellos

Ourense, Barbadás, O Barco e varios municipios da comarca de Arousa pasan ao nivel alto despois do aumento "explosivo" da transmisión

Aumento “explosivo” de casos e posible volta ás restricións: así está o mapa da Covid-19

As numerosas cadeas de transmisión detectadas en xente nova poderían levar ao comité clínico a decretar limitacións despois da xuntanza deste martes

Galicia supera os 500 casos de coronavirus nun día por primeira vez desde febreiro

A transmisión do SARS-CoV-2 espállase polos concellos, e un de cada 250 persoas de entre 12 e 29 anos deu positivo nas últimas dúas semanas

A repunta de casos eleva o risco pola Covid-19 en máis de 30 concellos

Unha trintena de municipios superan os 150 casos/100.000 habitantes a 14 días e poderían afrontar novas restricións nos vindeiros días

O comité clínico eleva as restricións en sete concellos por mor dos novos brotes

Carnota e Sarria estarán a partir do venres en nivel alto, e quedarán en nivel medio outros nove municipios con maior transmisión

Varios surtos sitúan a incidencia por riba de 50 casos tres semanas despois

Os casos vinculados a viaxes estudantís e encontros sociais poderían levar ao comité clínico, que se reúne este martes, a incrementar algunhas restricións

Case o 70% dos concellos, sen casos de Covid-19 na última semana

O comité clínico aborda este martes posibles cambios nas restricións e os detalles concretos sobre o uso da máscara en espazos exteriores

Un millón de persoas en Galicia xa ten a pauta completa contra a Covid-19

A Consellería de Sanidade confirma que ata este luns completaron a protección contra o coronavirus un total de 1.011.013 habitantes

Estes son os 206 concellos sen Covid-19 desde, polo menos, a semana pasada

Outros 100 municipios notifican menos de 10 positivos nos últimos sete días, e só sete superan esta cifra en todo o territorio