O comité clínico propón pechar ás 18.00 horas toda a hostelaría de Galicia

A Xunta anunciará este mércores todas as medidas, poñendo todos os concellos do país en situación de risco alto e medio-alto

Toda Galicia nos dous graos máis altos de protección: o medio-alto e o máximo. Esta é a proposta do comité clínico que se reuniu hoxe en Santiago para estudar a situación epidemiolóxica en Galicia e propor medidas que este mércores anunciará a Xunta de Galicia.

O comité propón que toda Galicia quede comprendida entre os dous niveis máis altos de protección. No nivel máximo de restricións, a hostalería podería abrir ata as 18,00 horas e só poderían atender na terraza cun 50% de aforo e grupos de máximo catro persoas. O interior estaría pechado ao público.

Publicidade

Os concellos que queden no nivel medio-alto terán un 30% de aforo no interior e un 50% no exterior. Tamén haberá grupos máximos de catro persoas.

Tras as recomendacións trazadas polo comité clínico, este mércores van coñecerse máis detalles, nunha comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Publicidade

A proposta chega nun momento de forte crecemento da transmisión do coronavirus. A comunidade está xa por encima de 300 casos por cen mil habitantes en 14 días. Esa cifra, comparada coa incidencia a sete días (197 casos por cen mil) fai augurar semanas moi duras. Ademais, segundo os últimos datos publicados polo Instituto de Saúde Carlos III, en Galicia a taxa de contaxio situábase o 4 de xaneiro en 1,23 (o que significa que cada positivo contaxia a máis dunha persoa). Esta cifra supera a media de España, situada en 1,12.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla