Así avanza a seca na península Ibérica

Imaxe: Aemet.
Imaxe: Aemet.

A imaxe da península Ibérica da esquerda foi tomada o 31 de outubro de 2014. A da dereita, o mesmo día deste 2017. Mais a diferenza é sensible. É unha mostra, segundo explica a Agencia Estatal de Meteorología (Aemet) do avance da seca polo territorio peninsular debido á ausencia de precipitacións e ás altas temperaturas. O 2014, segundo indica a axencia, foi “lixeiramente seco”, cun 4% menos de precipitacións que a media, mentres que 2017 foi “moi seco“, cun 15% menos de chuvia que os valores medios.

Segundo explica a Aemet, a imaxe procésase cunha combinación dos datos da canle visible e do infravermello próximo do satélite NOAA-19. A vexetación reflicte a radiación do infravermello próximo, polo que é posible obter unha imaxe precisa das zonas con maior e menor presenza de vexetación.

Publicidade

En Galicia, a diferenza é notable, cun descenso de frondosidade, aínda que a situación non é tan preocupante, a pesar de estar xa en alerta por seca, se a comparamos con outras zonas. Nas mesetas centrais, Aragón, Extremadura ou o sur de Portugal, a ausencia de vexetación é case total.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"