Exaculación feminina, fuso horario e cannabis, nunha nova NerdNite en Compostela

Este mércores 15 terá lugar unha nova sesión das NerdNites con tres temas singulares como son exaculación feminina, fuso horario e cannabis. Coa xornada, ás 21:30 horas na Nave de Vidán, esta proposta lúdico-científica chega ás 100 charlas.

A psicóloga sanitaria, sexóloga e fundadora de ‘Con Mucho Gusto!’, Martina González Veiga, intervirá coa charla ‘Chove sobre mollado: exaculación feminina ’, mentres que o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira fará o propio con ‘O fuso horario é inocente’. Por último, ‘Que queres saber e non te atreves a preguntar sobre o cannabis?’ é a proposta de Manuel Isorna Folgar, técnico en prevención de drogodependendencias do Concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía