Dous libros da Universidade de Santiago reciben o Premio Nacional de Edición Universitaria

Dous libros da Universidade de Santiago reciben o Premio Nacional de Edición Universitaria

De entre un total de 128 candidaturas, a USC situou entre os mellores libros universitarios publicados durante 2014 dous volumes editados polo seu Servizo de Publicacións. O director deste servizo Juan Luis Blanco Valdés acaba de recoller na Universidade de Murcia os galardón correspondentes aos librosAntimateria, magia y poesía eSemiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce.
Antimateria, magia y poesía fíxose co galardón á mellor obra de divulgación científica. Entre as razóns para entregar o galardón a este libro, do que son autores José Edelstein e Andrés Gomberoff, o xurado destacou “a claridade da exposición e amenidade do tratamento de temas verdadeiramente complexos nun soporte económico que favorece a difusión”. Este volume é o primeiro da ‘Biblioteca de Divulgación. Serie Científica’ da USC que dirixen os profesores Francisco Díaz-Fierros e Jorge Mira.
“Dar visibilidade á produción científica galega a través duns textos selectos de Pierce”. Ese é o motivo que levou ao xurado dos Premios a considerar que a mellor tradución dos volumes editados o pasado ano polas universidades españolas é Semiótica de textos selectos. Charles Sanders Peirce , responsabilidade de María Uxía Rivas Monroy e Manuel Outeiriño e vixésimo cuarto número da colección ‘Clásicos do pensamento universal’ que coedita a Universidade de Santiago coa Fundación BBVA.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Instituto de Física de Altas Enerxías de Santiago impulsa un ciclo de arte e ciencia

A escritora e xornalista Rosa Montero abre os encontros "Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia", xunto ao físico José Edelstein, profesor da USC

Unha charla en Santiago lembra os 100 anos da eclipse que fixo célebre a Einstein

O físico da USC José Edelstein falará este mércores sobre o centenario deste fito científico no centro Abanca a partir das 19.30 horas

Hobbes, Stuart Mill e Hawking, tres novos nomes para os Clásicos en galego da USC

A colección "Clásicos do Pensamento Universal" da universidade compostelá lanza "Leviatán", "Sobre a liberdade" e "Unha breve historia do tempo"

Gabriele Veneziano, ‘pai’ da teoría de cordas, visita Galicia

Ofrecerá o luns 12 de novembro unha charla no auditorio Abanca de Santiago, convidado polo Instituto de Física de Altas Enerxías