Divulgacción celebra este sábado en Pontevedra o seu encontro anual

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción) celebrará este sábado 28 en Pontevedra o seu sexto encontro anual. Será na Casa da Luz, no casco antigo da cidade, que acollerá a asemblea da entidade, conferencias e actividades abertas ao público.

Pola mañá haberá un programa exclusivo para socios, cunha visita ao Museo de Pontevedra, a asemblea e unha comida conxunta. Xa pola tarde, con entrada libre ata completar aforo, Divulgacción organiza un debate sobre o micromecenado en ciencia e divulgación e dúas charlas sobre as mulleres na informática e o cambio climático en Galicia, impartidas, respectivamente, por Javier Pedreira “Wicho”e Xavier Fonseca.

Publicidade

Este é o programa completo:

Programa para socios:

10.00: Visita ao Museo de Pontevedra, cunha guía especial orientada a divulgadores.

12.00: Asemblea.

14.00: Descanso para comer (lembra anotarte se queres comer con nós! Non te preocupes, o prezo do menú será asequible)

Programa aberto ao público:

16.30: Debate: Crowdfunding: Unha reflexión sobre o crowdfunding en ciencia e divulgación.

Roi Villar Vázquez, Presidente da Asociación de Comunicadores en Biotecnoloxía, creador de iLoveScience, Xefe de internacionalización de BioCAT.

Alfonso Pérez Posía, Director do Departamento de Participación Privada da FECYT, Plataforma Principia.

José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da UDC.

ModeraIolanda Casal, xornalista.

18.00: Charlas

A informática tamén é cousa de mulleres

Javier Pedreira, Wicho, Responsable do departamento de informática nos Museos Científicos Coruñeses e coautor de Microsiervos.

Galicia nos tempos do cambio climático

Xavier Fonseca, xornalista e divulgador científico. Historias del Tiempo, VTelevisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra