O químico galego Diego Peña, premiado coa Medalla Ignacio Ribas 2018

Menos de dúas semanas despois da publicación dun traballo sobre o grafeno nas páxinas nas revistas Science, o científico do CiQUS Diego Peña Gil, profesor titular do Departamento de Química Orgánica na USC, consegue un novo recoñecemento. A Real Sociedade Española de Química, a través do seu Grupo Especializado de Química Orgánica (GEQOR), acaba de conceder a Peña a Medalla Ignacio Ribas, que premia a químicos socios do GEQOR que presenten unha traxectoria ascendente nos últimos cinco anos.

“Supón unha gran satisfacción recibir un recoñecemento así”, afirma Peña Gil. “Diría mesmo que para alguén coma min é unha honra aínda maior por tratarse dun premio asociado á memoria de Ignacio Ribas, un dos pioneiros da Química Orgánica en España, que achegou tantas cousas traballando desde nosa mesma institución, a USC”. O profesor Diego Peña quixo tamén poñer de relevo a súa satisfacción por ser incluído na lista de investigadores premiados: “É un orgullo que os meus colegas me tiveran en conta á hora de incluírme nun grupo tan prestixioso”, asegura.

Publicidade

É a terceira vez nos últimos seis anos que a medalla recae nun investigador do CiQUS, tralos recoñecementos a Carlos Sáa (2012) e Juan Granja (2014). A entrega da medalla realizarase durante a celebración da XXVII Reunión Bienal do GEQOR, que se celebrará en Santiago de Compostela do 20 ao 22 de xuño de 2018.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos