Constituída en Santiago a primeira Cátedra do Pan

A USC e a empresa Panadería Da Cunha promoven a creación da Cátedra do Pan e do Cereal, unha iniciativa orientada á investigación, o fomenta da docencia e á difusión de coñecementos nos ámbitos do pan e do cereal. O reitor da USC, Juan Viaño Rey, e Manuel Da Cunha Pereira, conselleiro e administrador da empresa Panadería Da Cunha SL, asinaron este luns en Lugo o convenio específico a través do que a institución académica e a empresa con sede en Carral (A Coruña) formalizan a constitución dunha cátedra que ten como interese prioritario o fomento do pan e do cereal e que estará dirixida pola catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos e profesora na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, Ángeles Romero Rodríguez.

O reitor Juan Viaño, e, á dereita, Manuel Da Cunha, de Panadería Dacunha.
O reitor Juan Viaño, e, á dereita, Manuel Da Cunha, de Panadería Dacunha.

A Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira cátedra institucional adscrita ao Campus Terra da USC, segundo sinalou o reitor Juan Viaño, xurde a raíz do interese da Panadería Da Cunha, empresa pertencente ao Grupo Da Cunha, por promover e fomentar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento no ámbito da USC, en aras a beneficiarse logo dos posibles avances nas áreas de tecnoloxía e agronomía dos cereais, así como da difusión de coñecementos especializados a investigadores e profesionais.

Publicidade

Viaño sinalou que os obxectivos que pretende a Cátedra do Pan e do Cereal coinciden en grande medida coas metas fixadas para o Campus Terra da USC. Ademais, engadiu, este cátedra nace como unha iniciativa aberta á participación doutras institucións e empresas, tal e como se recolle no convenio de constitución, no que se indica que este acordo terá unha duración inicial de cinco anos con prórroga automática de existir acordo entre as partes.

As primeiras investigacións centraranse nos cereais autóctonos

As primeiras actuacións promovidas ao abeiro desta cátedra estarán ligadas ao cereais autóctonos e aos seus procesos de panificación. A oferta dun catálogo de servizos de control de calidade de trazabilidade dos cereais e a mellora das tecnoloxías de produción alimentarias son outros dos cometidos da primeira cátedra adscrita ao Campus Terra da USC.

Publicidade

As actividades desenvolvidas ou impulsadas ao abeiro desta cátedra e que contarán cun financiamento mínimo anual de 30.000 euros por parte da empresa Panadería Da Cunha, estarán dirixidas a facilitar o intercambio de experiencias investigadoras e de coñecemento entre profesionais da empresa e a USC. A colaboración en tarefas de I+D+i relacionadas co pan e o cereal, a realización de investigacións conxuntas, a difusión dos estudos mediante a súa publicación, o fomento da iniciativas conxuntas relacionadas co pan e o cereal entre a USC, empresas e administracións públicas, e a proxección internacional de actividades universitarias e de emprendemento social son outros dos cometidos desta cátedra.

Búscase a colaboración en tarefas de I+D+i do pan e o cereal

 Unha comisión de seguimento integrada por cinco membros da USC e igual número de representantes empresariais será a encargada de supervisar e controlar os plans de actividades da Cátedra do Pan e do Cereal, así como de aprobar os requisitos para a concesión de bolsas e axudas de investigación, así como a posible convocatoria de premios ou mesmo a aprobación dos presupostos.

Os profesores da USC Ángeles Romero, Santiago Pereira e María Cruz Pascual, ademais do Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e da vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, conforman a representación da USC na comisión de seguimento da Cátedra do Pan e do Cereal, un órgano de supervisión e control no que tamén participarán por parte da empresa Panadería Da Cunha Manuel Da Cunha Pereira, como promotor da cátedra, Ana Martínez Rodríguez, David Da Cunha Rodríguez e José Manuel Cánovas García.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética